Miquel Parera e Migue Leal visitan ao noso equipo inclusivo na previa de LALIGA Genuine
Por terceira tempada consecutiva, o noso equipo de fútbol inclusivo participará en LALIGA Genuine Moeve, proxecto pioneiro en inclusión social no mundo do fútbol posto en marcha por LALIGA, a través da súa Fundación.
A nosa delegación parte mañá cara a Tarragona, onde se disputará a primeira xornada do campionato. Farao cargada de ilusión e compromiso, pero tamén con todos os bos desexos que Miquel Parera e Miguel Leal, así como Diego Rivas, en nome de todo o club, lles quixeron transmitir o martes, na última sesión de adestramento que o equipo Genuine realizou antes do campionato.
Ambos futbolistas compartiron cos nosos xogadores e corpo técnico unha sesión de traballo, aproveitando para coñecer de primeira man o seu esforzo e dedicación, así como para facerlles chegar unha mensaxe clara: "¡Gozade do torneo!".
Leal e Parera integráronse en xogos e exercicios, falaron cos membros do equipo Genuine e fixéronlles entrega das camisetas personalizadas coas que xogarán LALIGA Moeve.
Competición
LALIGA Genuine Moeve, que congregará a máis de 1.400 xogadores e xogadoras e case medio cento de equipos, arrancará o día 21 de novembro en Tarragona e prolongarase ata finais de xuño ao longo de catro xornadas.
Os participantes competirán repartidos en tres cadros —un máis que o pasado ano—, denominados "Compañerismo", "Respeto" e "Deportividad", en referencia a dous dos valores que a liga abandera e que a converteron nun exemplo de deporte inclusivo e diversidade. O noso club foi incluído no grupo "Compañerismo" e, tras a xornada inaugural de Tarragona —do 21 ao 23 de novembro—, na que teremos ao Nàstic como anfitrión, volverá á acción o 7 e 8 de marzo en Xixón e o 30 e 31 de maio en Burgos. Real Sporting e Burgos CF serán neste caso os organizadores destas sesións. LALIGA Genuine Moeve despedirase o 19, 20 e 21 de xuño, en Madrid, nunha gran sesión de clausura que por primeira vez terá como escenario as instalacións da Real Federación Española de Fútbol da Cidade do Fútbol Las Rozas.
Diego Garrido está esta tempada á fronte dun corpo técnico que conta con Fernando Quiroga como segundo adestrador, Óscar González como adestrador de porteiros, Javier Sande como preparador físico e con Belén Aneiros e Paco Hansen como delegados.
Os nosos xogadores, procedentes do Souto de Leixa, Aspanaes, Aspaneps, CEE Terra de Ferrol e Virxe de Chamorro, levan xa varias semanas de posta a punto con sesións de traballo nas que derrochan intensidade, esforzo e ilusión. Tres valores que refrendan o plantexamento co que concebemos este proxecto desde a súa creación en 2021, transcendendo o plano estritamente deportivo para poñer o foco en cuestións como o compañerismo, a tolerancia, a diversidade, a inclusión e, sobre todo, o crecemento persoal e deportivo dos nosos xogadores.