Skip to main content
Os Veteranos do Racing conquistan a XII Supercopa A Coruña-Ferrol

Derrotaron ao Carral por 4-1 nun partido moi completo por parte do cadro verde

There are no reactions yet. Be the first!

O noso equipo de veteranos proclamouse campión da XII Supercopa da Coruña-Ferrol tras impoñerse por 4-1 ao Carral Veteranos no Campo Municipal de Gallamonde, en Miño. O cadro verde realizou unha actuación sólida para comezar o curso levantando un novo título que enfrontou aos campións de Liga e Copa do pasado exercicio.

A cita estivo marcada polo bo ambiente e a competitividade sobre o terreo de xogo. O Racing amosou a súa eficacia no ataque nun partido do que foi claro dominador. Os verdes xa chegaron ao descanso con vantaxe dun gol, que ampliaron ata o 3-0 na segunda metade. Aínda que o Carral reduciu distancias, un novo tanto ferrolán redondeou o resultado final de 4-1.

O triunfo permite ao conxunto racinguista engadir un novo trofeo ao seu palmarés e reafirma o compromiso dun grupo que continúa defendendo as cores do club coa mesma ilusión e sentido de pertenza que na súa etapa como futbolistas en activo.