Os nosos alevíns, campións de liga
O conxunto ferrolán afrontará este sábado o Campionato Provincial na Laracha
A súa vitoria ante o Galicia de Caranza na última xornada de liga deulle ao noso equipo alevín de fútbol 8 o título comarcal de Primeira Futgal.
O equipo que dirixen Yerai, Borja e Flavio concluíu este tramo do campionato invicto, tras gañar todos os seus partidos na primeira fase e ceder tan só un empate na segunda. En total, 24 vitorias e un empate que reflicten a súa regularidade. Pero, ante todo, o conxunto verde, formado por Marco, Adri, Leo, Hugo, Guille, Adán, Pablo Rozados, Bruno, Álex Mantilla, Mario, Pablo, Álvaro, Lois, Aarón, Alejo e Manu, amosou unha evolución moi positiva nos últimos meses grazas ao seu traballo e esforzo.
Dende o club non só queremos felicitalos a eles, senón tamén ás súas familias polo seu apoio e respaldo, así como ao resto de equipos que atopamos no camiño nos últimos meses pola dedicación de todos eles.
Provincial
O conxunto ferrolán disputa este sábado na Laracha o Provincial, torneo no que quedou encadrado no grupo A xunto ao RC Deportivo, Victoria CF, SD Compostela e ADC A Piringalla. Os dous primeiros de cada grupo enfrontaranse nas semifinais na procura da súa clasificación para o Campionato Galego.