O Racing pecha o seu concurso na LALIGA GENUINE Moeve
O noso equipo de fútbol inclusivo compite este fin de semana en Lezama.
A cuarta e última xornada de LALIGA Genuine Moeve levará ao noso equipo de fútbol inclusivo a Bilbao, onde este fin de semana, nas instalacións de Lezama e coa organización do Athletic Club, pecharase esta competición que, durante os últimos meses, reuniu a máis dun milleiro de xogadores e xogadoras. A nosa delegación, á fronte da cal está o técnico Iván Pita, en colaboración con Fernando Quiroga, porá rumbo a terras vascas mañá venres, disposta a exprimir ao máximo esta enriquecedora experiencia. O torneo arrincará para eles o sábado ás 10:00 horas, cun encontro ante o Nàstic de Tarragona. Pola tarde, os nosos futbolistas veranse as caras co Elche CF, para rematar a campaña o domingo, ás 09:30, contra o CD Eldense. A cita reunirá aos 47 equipos participantes e a máis dun milleiro de xogadores, repartidos nos grupos Respeto e Compañerismo. Durante estas dúas xornadas disputaranse máis de sesenta partidos, e terá como colofón unha sempre emocionante cerimonia de clausura o domingo ao mediodía.