Skip to main content
Genuine

Fútbol con paixón e tesón

O Racing participou na terceira xornada da LALIGA Genuine.

There are no reactions yet. Be the first!

O noso equipo de fútbol inclusivo participou este fin de semana na terceira fase de LALIGA Genuine, que congregou na Cidade Deportiva do Burgos CF a 23 esquadras procedentes de toda España.

Un inmellorable escenario de compañeirismo, inclusión, emoción e fútbol, no que a formación racinguista disputou dous encontros ante o Real Racing Club e o CD Lugo. Dous partidos nos que os pupilos de Iván Pita, coa axuda de Diego Garrido e Fernando Quiroga, puido gozar desta disciplina e demostrar a paixón, tesón e compromiso cos que afrontan cada nova participación no torneo. 

Unha experiencia que trascende o deportivo e que fai desta competición un brillante exemplo de integración, inclusión e normalización da práctica deportiva entre persoas con discapacidade intelectual.