Skip to main content
Genuine

O Racing enfronta a segunda xornada de LALIGA Genuine en A Coruña

A competición disputase na Cidade Deportiva de Abegondo

There are no reactions yet. Be the first!

A Cidade Deportiva de Abegondo acollerá este fin de semana a disputa da segunda fase de LALIGA Genuine 24/25, organizada neste caso polo RC Deportivo. O noso equipo de fútbol inclusivo da Fundación Racing Club de Ferrol medirase coa SD Huesca e o Real Sporting Club. O primeiro destes encontros terá lugar mañá, ás 17.30 horas, mentres que o segundo está fixado para as 12.00 horas do domingo.

A formación dirixida por Iván Pita en colaboración con Diego Garrido e Fernando Quiroga xa participou o pasado mes de novembro na xornada inaugural do campionato, que se disputou en Tarragona dentro do grupo denominado como "Respeto". Entón, vironse as caras coa UD Las Palmas, o FC Andorra e o Córdoba CF.

Agora, volven á acción coa mesma ilusión que sempre derrochan cando defenden os colores do Racing Club Ferrol. Burgos, o 10 e 11 de maio; e Bilbao, o 31 de maio e 1 de xuño, serán as últimas etapas deste apaixonante torneo que, un ano máis, potencia os valores de compañeirismo, respecto e deportividade, normalizando a práctica do fútbol entre as persoas con discapacidade intelectual.