Skip to main content
Genuine

O noso equipo Genuine, de Champions

A nosa formación de fútbol inclusivo participou nesta competición organizada pola Federación Galega de Fútbol

There are no reactions yet. Be the first!

O noso equipo Genuine participou onte domingo na primeira xornada de A Nosa Champions, unha competición de fútbol inclusivo promovida pola Federación Galega de Fútbol. A nosa formación disputou tres encontros nesta sesión inaugural, na que tamén participaron o Racing Villalbés, Real Club Celta, Club Deportivo Lugo, Real Club Deportivo e Sociedade Recreativa Calo. Foi precisamente este último quen exerceu de anfitrión dun evento que supuxo o exitoso estreo desta competición á que se lle dará continuidade nas próximas semanas.