O club informa das afectacións derivadas das tarefas de cambio de cuberta e conservación e mantemento do estadio
O Racing Club Ferrol desexa expresar o seu profundo agradecemento a todos os abonados polo apoio amosado durante a campaña de renovación, especialmente nun período condicionado polas obras que se están a executar no Estadio da Malata.
A entidade recoñece a exemplar comprensión, paciencia e compromiso da afección ante as molestias derivadas destes traballos de mellora.
No marco das actuacións de substitución da cuberta e dos traballos de conservación e mantemento nas bancadas, establécense unha serie de medidas temporais que permanecerán vixentes ata novo aviso, conforme á evolución das obras.
Ubicación provisional de abonados
Os abonados con asento no sector N de Preferencia deberán ocupar provisionalmente o mesmo número de fila e asento no sector K de Preferencia.
Normativa de acceso ao estadio
Lémbrase que unicamente se permite o acceso con paraugas pregables, quedando prohibida a entrada de paraugas doutros formatos.
O Racing Club Ferrol lamenta as molestias que estas actuacións poidan ocasionar e agradece, unha vez máis, a colaboración e o compromiso de toda a afección.
A entidade reafirma a súa vontade de seguir traballando para que estas melloras permitan dispoñer dunhas instalacións máis modernas, seguras e confortables para toda a familia racinguista.
Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto co club a través do correo electrónico abonados@racingclubferrol.net ou no teléfono 981 32 33 00