Skip to main content

Lucas Díaz, novo gardián da porta do Racing

O porteiro hispano-suizo aterriza en A Malata tras firmar unha gran tempada en Fuenlabrada

There are no reactions yet. Be the first!

Lucas Díaz (Xenebra, 1996) súmase ao proxecto do Racing Club Ferrol procedente do Fuenlabrada, onde foi determinante baixo os tres paus a pasada tempada, disputando 38 partidos co conxunto madrileño en Primeira Federación.

Aínda que naceu en Suíza, Lucas é galego e foi precisamente no equipo da súa cidade, a SD Compostela, onde iniciou a súa carreira; defendeu a portería compostelá durante cinco tempadas. Na campaña 23/24 tamén protexeu a meta do CD Lugo en Primeira Federación.

Así mesmo, o porteiro conta con experiencia nos filiais do Real Oviedo e do Racing de Santander, onde o seu gran desempeño o levou a debutar en El Sardinero -defendendo a portería do primeiro equipo- e posteriormente asinar o seu primeiro contrato profesional cos cántabros.

Durante esta etapa en Santander, xa cruzou camiños co que será o seu compañeiro de portería en Ferrol: Miquel Parera. Na tempada 21/22, os dous porteiros achegaron o seu incansable traballo nunha campaña histórica que culminou co ascenso a Segunda División do club verdibranco.

Porteiro canhoto e de gran envergadura -mide 1,88 cm-, Lucas achegará axilidade, solidez e grandes reflexos pero tamén un gran coñecemento da categoría; acumula máis de 8.500 minutos baixo paus e roza o centenar de partidos en Primeira Federación.

¡A Malata agárdate, Lucas! ¡Benvido!