Lois e Alejo Martínez, terceiros do seu grupo con Galicia no CESA
A cita desenvolveuse a pasada fin de semana en Benidorm
There are no reactions yet. Be the first!
Os nosos xogadores alevíns Alejo e Lois Martínez participaron a pasada fin de semana coa selección galega no Campionato de España por Autonomías de categoría sub-12, celebrado en Benidorm.
Un torneo no que o equipo dirixido por Lalo Suárez se mostrou como unha formación moi competitiva, capaz de derrotar a Melilla (5-0) e Navarra (3-1) na fase de grupos, ademais de empatar con Madrid (0-0). Galicia só encaixou unha derrota no campionato, ante Euskadi (3-1), o que lle permitiu finalizar na terceira praza do seu grupo.
Unha enriquecedora experiencia para os nosos mozos futbolistas, que continúan avanzando na súa formación.