Lois e Alejo Martínez compiten coa selección galega no Campionato de España sub 12
A cita disputarase a finais desta semana en Benidorm
There are no reactions yet. Be the first!
Alejo e Lois Martínez, dous dos nosos xogadores alevíns, competirán esta semana coa selección galega no Campionato de España sub 12 de Seleccións Autonómicas, que se disputará entre o 1 e o 3 de maio en Benidorm, na disciplina de fútbol 7.
O combinado Irmandiño, dirixido por Lalo Suárez, enfrontarase o venres a Melilla e Euskadi e, ao día seguinte, a Madrid e Navarra, co obxectivo de avanzar á seguinte fase e lograr o pase ás eliminatorias programadas para o domingo.