Hugo Cabezón e Diego Cabana ascenden coa selección galega sub 16
O combinado "irmandiño" venceu a A Rioxa e Canarias na fase final do torneo
There are no reactions yet. Be the first!
Hugo Cabezón e Diego Cabana, ambos xogadores da nosa canteira, lograron coa selección galega sub 16 o ascenso a Primeira División tras un brillante concurso no Campionato de España de seleccións autonómicas, cuxa última fase se disputou a pasada fin de semana en Pastoriza.
Galicia superou neste tramo do torneo a Canarias (2-1) e A Rioxa (1-4), vitorias que unidas á conseguida fronte a Melilla (11-0) meses atrás, permitíronlle acadar agora este brillante ascenso.
Desde o club queremos trasladar a nosa máis sincera noraboa a Hugo e Diego por este éxito.