Conexión racinguista: Fai match
Con motivo do Día Internacional da Adopción, colaboramos co Refuxio Mancomunado de Mougá para promover a adopción de animais de compañía
Hoxe, día 9 de novembro, celébrase o Día Internacional da Adopción, unha data que, ademais de poñer en valor o compromiso e a solidariedade entre as persoas, tamén se estende á adopción responsable de animais de compañía como parte das familias.
Con motivo desta efeméride, o Racing Club Ferrol, a través da Fundación Racing Club Ferrol, súmase á celebración impulsando durante toda esta semana unha campaña de sensibilización en colaboración co Refuxio de Animais Mancomunado de Mougá, que, co lema "Conexión racinguista: Fai match" ten como obxectivo fomentar a adopción e promover o benestar animal entre os nosos afeccionados e, en xeral, entre a sociedade de Ferrolterra.
O Refuxio de Animais de Mougá, xestionado pola firma +Cuidados, presta atención actualmente a máis de 180 animais, na súa maioría cans e gatos, aínda que tamén acolle outros tipos de animais de compañía, como ovinos, caprinos e equinos. Dende as súas instalacións ofrécese asistencia permanente ás autoridades na recollida de animais e na atención de situacións de emerxencia ou vulnerabilidade, colaborando activamente cos corpos de seguridade do Estado e distintos servizos municipais. Ademais, o refuxio desempeña un papel esencial no control das colonias felinas da zona.
O seu labor céntrase en cubrir as necesidades básicas e sanitarias dos animais residentes, sempre baixo a premisa de que o refuxio debe ser un lugar de tránsito e recuperación. Por iso, a adopción convértese nun piar fundamental: non só para evitar a saturación das instalacións, senón tamén para ofrecer a cada animal a oportunidade de gozar dun fogares estable e afectuoso.
¿Como axudar?
¡Adopta!
Adoptar un dos animais do refuxio é a mellor maneira de darlles unha segunda oportunidade e un futuro mellor. O centro promove adopcións responsables tanto a nivel nacional como internacional, cumprindo con todos os requisitos legais.
Os animais entréganse identificados, desparasitados, vacinados, esterilizados (se cumpren a idade mínima), con garantías sanitarias e un contrato de adopción que asegura o seu benestar.
Fai voluntariado
O Refuxio Mancomunado de Mougá mantén un convenio de colaboración coa asociación NarónKan, a través do cal xestiónase un programa de voluntariado destinado principalmente ás tarefas de paseo e socialización dos animais, unha actividade fundamental para o seu equilibrio e benestar diario.