Skip to main content

Cogami visitou ao equipo na Malata

Usuarios e traballadores da entidade estiveron o xoves vendo a sesión de traballo na Malata

There are no reactions yet. Be the first!

Usuarios e traballadores da delegación local de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) visitáronnos o xoves no adestramento que o primeiro equipo realizou no campo da Malata.

Unha delegación de case vinte persoas asistiu á sesión de traballo e puido compartir despois unha breve charla cos nosos futbolistas. Estes interesáronse polas actividades do centro e dos seus usuarios, pero sobre todo recibiron o agarimo dos nosos convidados, que non dubidaron en amosarlles o seu afecto con pancartas feitas para a ocasión nos obradoiros creativos que se imparten no centro.

Este domingo, ademais, acompañaránnos tamén no partido que disputaremos ante o Zamora CF.

Cogami está composta por 50 asociacións e delegacións que agrupan a persoas con discapacidade física e orgánica co propósito de acadar a súa plena inclusión en todos os ámbitos da sociedade.