Be One e Racing Club Ferrol, unha alianza estable e duradeira
A empresa de xestión de instalacións deportivas será a protagonista do noso partido patrocinado.
Veciños da instalación e aliados estratéxicos, Be One e Racing Club Ferrol comparten, dende hai anos, sinerxías que permitiron a ambos establecer unha estreita relación. Unha colaboración que nace do apoio incondicional da firma ao deporte local, alimentado por un sinfín de valores compartidos co noso club.
O director das instalacións de Be One en A Malata, Antonio Salazar, repasou moitos deles no acto no que, esta semana, se presentou o partido patrocinado por Be One, asignado á última xornada de liga que se disputará o sábado en A Malata. Xunto con el, o noso director de Marketing, Daniel Agra, puxo o foco no “apoio incondicional” que nos presta a firma e que se mantivo inquebrantable durante os últimos anos. Un respaldo vital para desenvolver o noso plan estratéxico.
Salazar, pola súa parte, puxo de relevo esa “implicación” que Be One mantivo sempre co club e que responde ao compromiso que, como empresa, sempre tiveron co deporte local nos Concellos nos que están arraigados, e que lles reporta un significativo posicionamento non só en Ferrolterra, nas últimas tres décadas, senón en toda España, con 35 dependencias distribuídas por todo o territorio nacional.