Skip to main content

Aprazado o partido do domingo ante o Real Madrid Castilla

A RFEF acepta a petición do cadro madrileño, quen alegou na súa petición carecer de efectivos suficientes

There are no reactions yet. Be the first!

O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol decidiu aprazar o partido que o Racing debería disputar o domingo no estadio Alfredo Di Stéfano ante o Real Madrid Castilla. O ente federativo acepta así a petición cursada polo cadro madrileño, que alegou dispor tan só de oito xogadores de campo para afrontar o encontro, debido á convocatoria internacional de nove dos seus futbolistas e á lesión doutros tres.

A RFEF fixou un prazo de dous días para que tanto o noso club como o Real Madrid Castilla propoñan unha nova data para a disputa do encontro.

Desde o Racing Club Ferrol poñerémonos en contacto con todos os afeccionados racinguistas que adquirisen entradas para o partido co propósito de xestionar a devolución do seu importe.