A Malata, peza a peza
Lanzamos unha recreación oficial de estadio con bloques de construción
A historia do noso club constrúese cos vosos recordos, pero agora tamén con bloques de construción.
O club lanza á venda unha recreación oficial do estadio da Malata con pezas da coñecida marca danesa, un produto exclusivo e de edición limitada e numerada, pensado especialmente para os nosos abonados.
A maqueta reproduce con todo detalle o noso estadio e permite construír, peza a peza, un dos símbolos máis importantes da nosa identidade. Ademais, inclúe un coidado manual de instruccións con imaxes e referencias históricas do recinto.
O set, cun prezo de 49,95 €, está á venda só para abonados na nosa tenda oficial da rúa Real. No seu desenvolvemento contamos coa colaboración de Todo Ocio Education-Tenda Lego Ferrol.