Skip to main content

A Malata despídese do 2025

O Racing enfróntase mañá, ás 16.00 horas, ao Unionistas de Salamanca

There are no reactions yet. Be the first!

O último partido deste 2025 que se disputará en A Malata medirános mañá ao Unionistas de Salamanca nunha contenda que comezará ás 16.00 horas. O duelo, correspondente á 16.ª xornada do campionato de liga de Primeira Federación Versus ELearning, é o penúltimo antes do parón de Nadal. Tras gañar a pasada semana ao CP Cacereño, o Racing aspira a prolongar a súa boa racha neste arreón final do ano para manter a súa privilexiada situación en postos de play-off.

Unionistas de Salamanca chega a A Malata, un campo que tradicionalmente se lle deu ben, na zona media da clasificación, tras un empate na casa ante a SD Ponferradina e unha derrota a domicilio en O Couto fronte ao Ourense CF. Aos charros só lles faltou regularidade no que vai de campionato de liga para estar máis arriba da undécima praza que actualmente ocupan porque, polo demais, amosáronse como un equipo moi competitivo e combativo, capaz de gañar en escenarios tan complicados como o Heliodoro Rodríguez López, onde derrotaron por 0-2 ao CD Tenerife.

No capítulo de ausencias, nas filas ferrolás, Pablo López non poderá contar cos lesionados Álvaro Mardones, Sergio Tejera e Markel Artetxe. Tampouco co porteiro Lucas Díaz, sancionado.