Accede a A Malata co teu abono dixital
Instrucións para descargar o teu novo abono dixital con tecnoloxía NFC
Só serán válidos os abonos dixitais descargados a partir do 12 de agosto de 2025
Os abonados do Racing Club Ferrol poden acceder ao estadio da Malata empregando o seu abono dixital que inclúe tecnoloxía NFC -sen contacto-, de tal maneira que só achegando os seus dispositivos móbiles á parte superior dos tornos facilitaráselles a entrada no campo.
Para iso, non teñen máis que descargar a app do club e rexistrarse como usuarios. Dentro do seu perfil e tras cubrir varios datos de control que garantan a súa identidade -DNI, número de socio e código pin- terán acceso á ligazón desde a que descargar o abono dixital na súa wallet.
O novo abono dixital non invalida nin o abono físico nin os códigos QR. De feito, naqueles dispositivos móbiles que non acepten a tecnoloxía NFC, o abono dixital incluirá tamén un código QR.
Os pasos a seguir polos abonados que queiran comezar a facer uso do seu abono dixital son:
- Iniciar sesión ou rexistrarse no entorno dixital do club (app ou web)
- Acceder ao perfil e seleccionar “abono dixital”
- Introducir os datos de abonado
- Descargar o abono dixital na súa wallet
RESOLVE AS TÚAS DÚBIDAS