David Castro recibe o alta hospitalaria
O xogador permanecía ingresado por un proceso vírico abdominal
There are no reactions yet. Be the first!
O xogador do Racing Club Ferrol David Castro recibiu hoxe o alta hospitalaria despois da melloría que experimentou o seu estado de saúde nos últimos días.
David Castro permanecía ingresado na unidade de Medicina Interna do Hospital Arquitecto Marcide dende o pasado 1 de agosto debido a un proceso vírico abdominal.
O xogador someterase a unha revisión en consultas externas dentro de quince días para comprobar a súa adecuada evolución.