PARTE MÉDICO | Aitor Buñuel sofre varias fracturas no rostro
O futbolista quedou ingresado no Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera.
O noso xogador Aitor Buñuel deberá pasar polo quirófano para reducir as fracturas que padece no rostro como consecuencia dun golpe fortuíto que sufriu esta tarde durante o partido que o Racing Club Ferrol disputou ante o RC Deportivo en Riazor.
O futbolista foi trasladado inicialmente á Clínica Quirón onde lle realizaron unha primeira valoración. Con posterioridade, foi derivado ao Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera, onde quedou ingresado e no que será intervenido cirurxicamente nas próximas horas por cirurxiáns do área maxilofacial.
Desde o club queremos transmitirlle todos os ánimos posibles nestes momentos e aproveitar tamén para agradecer ao RC Deportivo, e en especial ao seu corpo médico, as facilidades e respaldo que nos prestou durante as últimas horas para que o noso futbolista recibise a mellor atención médica posible.