A Xunta Xeral de Accionistas do Racing Club de Ferrol S.A.D., celebrada o 11 de outubro de 2002, autorizou ao Consello de Administración para constituir a FUNDACIÓN RACING CLUB FERROL. O 30 de abril de 2003 nun acto público celebrado no Salón de Sesións do Concello de Ferrol, procedeuse á sinatura do acta fundacional da Fundación Racing Club Ferrol ante D. Manuel Aceituno Pérez, -Notario do Ilustre Colexio de Galicia-
A FUNDACIÓN RACING CLUB FERROL, é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada pola Xunta de Galicia de interese galego e está inscrita no Rexistro do Patronato Municipal de Deportes do Concello de Ferrol co número 169.
A FUNDACIÓN ten por obxecto primordial o desenvolvemento e fomento do deporte, e dun modo especial o fútbol, en todos os seus ámbitos, encamiñado á revitalización do Racing Club de Ferrol e á mellora da súa imaxe interna e externa.
Para a súa consecución, executará, potenciará e proporá:
- Promover, difundir e apoiar o deporte de base, especialmente o fútbol coa creación de escolas de fútbol e fútbol sala para nenos e nenas e creación e participación de diferentes equipos nos campionatos das categorías de base, todo iso dentro dun espírito de claro estímulo dos máis elevados valores deportivos e humanos.
- Organizar e participar en congresos, xornadas, seminarios, coloquios, másters, conferencias, debates e charlas nas que se aborden cuestións relacionadas co deporte.
- Organizar e executar iniciativas de formación en materia deportiva, tales como cursos prácticos e teóricos de fútbol
- Completar a educación dos mozos deportistas a través da organización de cursos, por exemplo, de idiomas, informática, etc.
- Promover e organizar eventos deportivos-culturais, e concursos de escultura, pintura, fotografía, etc relacionados co deporte, e conceder premios e incentivos.
- Conceder axudas e bolsas para facilitar o acceso ao deporte e á cultura dos mozos.
- Crear, organizar e xestionar o Museo do Racing Club de Ferrol, para recuperar e preservar a historia do Racing.
- Producir e editar publicacións, así como distribuír produtos relacionados co patrimonio cultural e deportivo do Racing Club de Ferrol, para promocionar a imaxe do Club.
- Promover o estudo para a creación de Residencia e Albergues, para facilitar o aloxamento de deportistas e equipos
- Contrastar criterios e experiencia a nivel nacional e supranacional con outras Fundacións, Clubes, Federacións, Asociacións, Institucións e Sociedades de dereito público ou privado, nacionais ou estranxeiras, cando iso poida redundar en beneficio da promoción e desenvolvemento do deporte e a cultura, e moi especialmente relacionada co fútbol.
- Realizar as demais funcións de análoga natureza ás anteriores que se consideren convenientes ao cumprimento dos fins da fundación.
TRASPASO DE ACTIVIDADES DESDE EL RACING CLUB DE FERROL S.A.D.
O consello de Administración do Racing Club de Ferrol S.A.D., na súa reunión celebrada o 27 de maio de 2003, aproba o punto 6 da Orde do Día:
Punto 6:
- Actividades que pasan a depender da Fundación Racing Club Ferrol “Acórdase, por unanimidade, que a Fundación xestionará o fútbol base do Racing Club de Ferrol S.A.D, encargándose dos ingresos e gastos que orixinen. Crearase unha Escola de Fútbol, presentando equipos en todas as categorías desde prebenxamíns a Xuvenís.
INFRAESTRUTURAS
A Fundación Racing Club Ferrol conta coas instalacións do Complexo Deportivo de A Malata, de propiedade municipal (cedidas ao Racing Club de Ferrol S.A.D., mediante convenio), e que dispón de Almacéns, Vestiarios, Ximnasio e dous Campos de Fútbol-11de herba natural, o principal de 105 x 68 metros e con bancadas cubertas para 12.042 espectadores sentados, e o anexo de 93 x 58.5 metros.
A propia Fundación construíu no ano 2004 dous campos de fútbol-7 de herba sintética, sendo os primeiros destas características que se crearon na cidade. Estas obras foron posibles grazas ao convenio asinado o 2 de setembro de 2004 co Concello de Ferrol, quen en sesión plenaria do 30 de outubro de 2003 adoptou o seguinte acordo:
“6. Proposta sobre cesión en precario á Fundación Racing Club Ferrol de parcela de propiedade municipal no complexo deportivo da Malata para a construción dun campo de Fútbol-7, sobre unha parcela de 65 x 44 m.”
Dest forma constrúese o primeiro campo de fútbol-7 de herba sintética que ten unhas dimensións de 60 x 40 m. o material utilizado é “Comprograss Premier 60mm” de última xeración.
Posteriormente o 26 de agosto de 2004 o Concello cede, mediante un novo convenio, outra parcela de 54 x 36.50 m, construíndose así o segundo campo con unhas dimensións de 50 x 30 m
Ambos campos conteñen cos seus respectivos peches de malla metálica e están equipados con porterías de fútbol-7 Anclar D-90 mm., xogos de redes de fútbol-7 e bandeirín es córner flex.D-30 mm
ACTIVIDADES CULTURALES y BENÉFICAS
- CERTAME DE PINTURA E DEPORTE
- CONCURSO DE DESEÑO “NADAL E DEPORTE”
- XORNADAS DIDÁCTICAS DE FÚTBOL
- CAMPUS DE FÚTBOL “XOGA NO RACING”
- RECOLLIDAS SOLIDARIAS DE ALIMENTOS
- RECOLLIDAS SOLIDARIAS DE XOGUETES
- CELEBRACIÓN DE DÍAS INTERNACIONAIS “AUTISMO” “FIBROSE QUÍSTICA” “HEPATITE C”
- VISITAS DOS XOGADORES DO RACING CLUB DE FERROL A CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE