Nova
O Racing volve perder fora da casa
06/02/2012

O Racing encaixou en Carballo unha nova derrota ao perder ante o Bergantiños por 2-1. O conxunto verde non foi capaz de enlazar dúas vitorias consecutivas e volveu mostrar a súa peor cara lonxe da Malata. Numerosos erros defensivos e falta de definición en ataque resumen o partido de Carballo. O lateral, Pérez, debutou onte como titular e foi o autor do único tanto dos racinguistas aos 7 minutos de comezar o encontro. No entanto, dez minutos máis tarde o Bergantiños empatou por mediación de Marcos ao transformar un penalti. Coa igualada a un gol chegouse ao descanso e nada máis comezar a segunda parte, Julio Bayo logrou enviar o balón ao fondo da rede logrando o tanto da vitoria para o seu equipo. Ademais da derrota o peor foi as lesións de Pablo Rey e Cabanillas. O ferrolán que se resintiu da súa fascite plantar e Dani Cabanillas cunha posible rotura fibrilar nos isquiotibiais.

