Nova

Juan Martínez renova ata o ano 2013

28/06/2010

Foto vencellada

O centrocampista, JUAN MARTÍNEZ, asinou esta mañá a ampliación do seu contrato co Racing en dúas tempadas máis, polo que vestirá a camiseta verde ata o ano 2013. Na tempada que acaba de finalizar, o cedeirense foi un dos xogadores máis utilizados polo corpo técnico chegando a disputar 31 partidos, 17 deles como titular, cun total de 2.031 minutos. Por outra banda, o gardameta PACO tamén será racinguista ata a tempada 2012-2013 ao asinar a ampliación do seu contrato a pasada semana.