Nova

Concretados os dous primeiros partidos da pretemporada

28/06/2010

Foto vencellada

Os dirixentes do Racing e o corpo técnico continúan traballando na confección do novo plantel, e ao mesmo tempo avanzando na organización da pretemporada. Hai que recordar que o equipo comezará o traballo o 21 de xullo, ás 17.00 horas, e a día de hoxe xa se fixaron os dous primeiros partidos amigables. O primeiro será o 31 de xullo, ás 19.30 horas, en Muros, ante o Deportivo "B" e con motivo da homenaxe a José Luís Vara, antigo adestrador do Racing, entre outros equipos, e que faleceu o pasado ano. Este partido disputarase no campo de Esteiro que, tras sufrir unha remodelación, pasará a levar o nome do antigo técnico e xogador. Ao día seguinte, o 1 de agosto, o Racing xogará un Torneo Triangular no campo de Reis da localidade pontevedresa de Teo, organizado polo Praiña Sp. C. O conxunto verde enfrontarase ao C.D. Estradense, a partir das 19:30 h., mentres que ás 20:30 h. o rival será o Deportivo "B".