Nova
LUISITO: "Pido perdón a afección"
09/05/2010

Unha vez máis, o técnico do Racing compareceu ante os medios de comunicación con aspecto serio e abatido pola contundente derrota: "Fixemos unha primeira parte bastante aceptable pero a segunda foi o fiel reflexo de toda a tempada e cando nos quedamos con 10 o equipo perdeu a cabeza". Ante as numerosas baixas que tiña para este último partido, Luisito botou man dos xogadores menos habituais e de varios xuvenís e sinalou que "me doe moito polos que estaban hoxe no campo, fixeron todo o que puideron e non se merecían encaixar unha derrota así. Eles son os menos culpables de todo" e engadiu "pídolle perdón á afección por esta tempada".