Nova

Os xuvenís serán os protagonistas no último partido da Liga

08/05/2010

Foto vencellada

O plantel do Racing realizou na mañá do sábado o último adestramento de cara ao partido ante o Palencia. Tras a sesión de traballo confirmáronse as baixas por lesión de RUDY CARLIER, RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, DE PALMAS, IVÁN ROMERO e JONATHAN, mentres que por sanción o técnico tampouco poderá contar con JESÚS VARELA. Estas sete ausencias provocan que mañá no banco estean os xuvenís RUBÉN, JORGE, KIKO, PERMUY, RAFA e MARCOS REMESEIRO, estes tres últimos sairán ademais no equipo titular para afrontar o último partido da Liga en 2ª División "B". Tamén hai que recordar que Luisito fará un cambio na portería dándolle a titularidade, por primeira vez na tempada, a Paco.