Nova

Titularidade para o gardarredes Paco no último partido

06/05/2010

Foto vencellada

O plantel do Racing realizou na tarde do xoves, no campo principal da Malata, o último partidillo da tempada. Luisito non puido contar con RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, JONATHAN e RUDY CARLIER, xogadores que sofren diferentes molestias e que serán baixa para o partido do domingo ante o Palencia. Ademais, CARLOS cun estiramento retirouse tras disputar a primeira parte do partidiño, ainda que todo parece indicar que non terá problemas para xogar o fin de semana. Unha semana máis, as lesións obrigan ao técnico a recompor o equipo titular e para o último partido da Liga podería haber ata seis cambios con respecto ao once inicial que xogou en Miranda de Ebro. O máis destacado sería a titularidade, por primeira vez na tempada, do gardameta PACO en detrimento de Reguero. Polo demais, os xuvenís tamén serán protagonistas o domingo, xa que JORGE PÉREZ podería actuar de lateral zurdo, mentres que RAFA e PERMUY perfílanse como a parella de atacantes. Desta forma o posible once ante o Palencia sería o formado por: PACO, CARLOS, MANUEL, GARRIDO, JORGE, MARCOS, ANTÓN, JUAN, PABLO REY, RAFA e PERMUY.