Nova

Plan de viaxe a Bilbao

16/04/2010

Foto vencellada

A expedición do Racing partirá ás 11.30 h. da mañá do sábado rumbo a Bilbao. O equipo partirá en autocar desde A Malata, estando prevista a chegada a Casa Consuelo de Otur ás 13.45 h para efectuar o XANTAR. A continuación, seguirase a viaxe a Bilbao, con chegada ao Hotel NH Villa de Bilbao sobre as 19.00 h. Acomodación nas habitacións e CEA ás 21.00 h. O domingo, o ALMORZO está fixado para as 08.00 h., tras o cal desprazaranse ao campo de Lezama onde ás 11.30 h. comezará o encontro. Unha vez finalizado o mesmo, a expedición emprenderá a viaxe de regreso, estando prevista a chegada a Ferrol ás 22.00 h.