Nova
Volta ao traballo con varias ausencias
10/03/2010

Tras o descanso do martes, o plantel do Racing adestrou, en sesión vespertina, no campo anexo da Malata. Sesión que contou coas ausencias de Rubén Pérez e Rudy Carlier que se recuperan das súas respectivas lesións, e do centrocampista Nico que sofre unha gastroenterites. Por outra banda, Jonathan e Juan Martínez con problemas de abdutores, e Ricardo Malafaia cunha contractura na parte posterior da coxa, realizaron exercicios á marxe do grupo. O resto do equipo, incluídos os xuvenís MON, PERMUY e KIKO, realizaron traballos físicos con balón para finalizar con exercicios técnico-tácticos.

