Nova
Ruta de viaxe a Guijuelo
05/03/2010

Ás 14.00 h. da tarde do sábado, a expedición racinguista emprende a viaxe á localidade salmantina de Guijelo. O equipo partirá en autocar desde A Malata, estando prevista a chegada ao Hotel Recoletos de Salamanca ás 20.45 h para efectuar a CEA ás 21.00 h. O domingo, o ALMORZO está fixado para as 09.00 h., tras o cal os xogadores estarán a disposición do adestrador. O XANTAR realizarase ás 12.45 h. e a continuación sesta. Ás 14.45 h. saída para o campo Municipal de Guijuelo (herba artificial)onde ás 17.00 h. comezará o encontro. Unha vez finalizado o mesmo, a expedición emprenderá a viaxe de regreso, estando prevista a chegada a Ferrol ás 02.30 h.