Nova
Mantense a duda de Malafaia
05/03/2010

O plantel do Racing adestrou, en sesión vespertina, no campo anexo da Malata. Adestramento que contou coas ausencias de Rubén Pérez, o xogador acudiu á Malata despedirse dos seus compañeiros xa que pasará uns días en Valladolid tras a operación no pómulo, e Ricardo Malafaia que estivo realizando exercicios á marxe do grupo polo que se mantén a dúbida de se poderá estar a disposición do corpo técnico. A nota positiva estivo na participación, con total normalidade, de Dani Quintana, Curro Vacas e Marcos Álvarez. Mañá o equipo realizará a última sesión de adestramento e despois Luisito facilitará a convocatoria para a viaxe a Guijuelo.