Nova
GARRIDO E MALAFAIA, SEN PROBLEMAS
05/03/2010

Boas noticias para o Racing, xa que o forte golpe que recibiu Garrido no nariz non ten maiores consecuencias. Esta mesma mañá, no Hospital Juan Cardona, o xogador foi sometido a unha placa radiográfica na que non se aprecia ningunha fractura, polo que estará a disposición de Luisito para o encontro do domingo en Guijuelo. En canto a Malafaia, descártase que sufra unha rotura na coxa tras ser sometido na tarde de onte a unha ecografía. Para rematar, Rubén Pérez recibiu esta mesma mañá o alta hospitalaria tras ser sometido onte á intervención cirúrxica para recompor o pómulo fracturado.