Novas

O plantel do Racing adestrou no campo anexo da Malata, de cara a preparar o compromiso do domingo en Lezama ante o Bilbao Athletic, coas ausencias de Rubén Pérez e Rudy Carlier por lesión, e coa participación dos xuvenís KIKO, PERMUY, MON. Na sesión, despois do habitual arrequecemento, houbo exercicios de recuperación para os que participaron no encontro ante o Barakaldo, e de maior intensidade para os que non interviñeron.

Marea Verde organiza unha viaxe a Bilbao para arroupar ao noso equipo no encontro que disputará ante o Athletic "B", o domingo día 18, ás 11.30 h., no campo de Lezama-2. O prezo da viaxe (sen incluír a entrada) estará entre os 30 e os 40 €, en función da xente que estea disposta a viaxar. A saída está programada para o sábado, ás 23.45 h., desde a parada de taxis do Inferniño. O regreso realizarase ao termo do encontro, facendo paradas para comer e merendar, estando prevista a chega[...] Continuar lendo.

FINAL
m. 88 Entra Santamaría por Ramos.
m. 87 Entra David Franch en lugar de Malafaia.
m. 75 Entra Negredo por Eizaguirre.
m. 75 (3-3) Gol de cabeza de Fran tras un saque de esquina.
m. 73 (3-2) Gol de Jonathan Martín de cabeza.
m. 68 Entra Antón por Rudy Carlier.
m. 54 Primeiro cambio do Barakaldo. Entra Comini por Paltero.
m. 47 (2-2) Gol de Jonathan Martín tras un saque de falta de Pablo Rey.
m. 46 Primeiro cambio no Racing. Entra Dani Quintana en lugar de Marcos.
DESCANSO
m. 3[...] Continuar lendo.

O adestrador do Racing compareceu na sala de prensa totalmente abatido e non atopaba explicación ao sucedido. "Isto é increible, os dous goles do Barakaldo foron dous agasallos nosos e tiñamos que irnos ao descanso cun 5-0 ao noso favor pero non podemos cometer eses erros que non o fai nin un equipo cadete". Para Luisito "o Barakaldo foi unha caricatura en comparación connosco, e fixemos o máis difícil que é remontar un 1-2 e despois cunha falta absurda empátannos o partido". O técnico [...] Continuar lendo.
Rubén e Rudy, duda ata última hora

O plantel do Racing realizou no campo principal da Malata a última sesión de cara a preparar o encontro ante o Barakaldo. O conxunto que dirixe Luisito repasou a táctica e estratexia que empregará nesta nova final para lograr a salvación. O técnico, convocou a todos os xogadores dispoñibles fóra de Nacho Calvillo, que cumprirá o seu segundo e último partido de sanción. En canto ás lesións son dúbida ata última hora, Rudy Carlier e Rubén Pérez. O francés, adestrou cunha forte ve[...] Continuar lendo.
O Barakaldo adestrou en Ferrol

O Barakaldo chegou na xornada do martes á nosa cidade para afrontar mañá o encontro ante o Racing. Ás sete da tarde, e por espazo dunha hora, o conxunto que adestra Mikel Aguirregomezkorta adestrou no campo anexo da Malata. O equipo alóxase no Hotel Hesperia de Ferrol. (FOTOGRAFÍA DE DAVIDDEHARO.COM PÁXINA OFICIAL BARAKALDO)

O plantel do Racing tivo no campo anexo da Malata o primeiro adestramento da semana e que contou con varias ausencias. RUDY CARLIER e RUBÉN PÉREZ por lesión, e REGUERO, CARLOS E GARRIDO con permiso polos exames do Curso de Adestradores. JONATHAN tan só realizou o arrequecemento e abdominais. O resto do equipo, coas incorporacións dos xuvenís, PERMUY, MON e KIKO, adestraron baixo a dirección de Luisito, cun traballo de recuperación para os que xogaron todo o partido en Eibar e de maior in[...] Continuar lendo.

A última hora de onte, os problemas de rubén pérez cunhas ampollas nun pé agraváronse, o que lle impide xogar en Eibar, propician que DANI QUINTANA viaxe con URXENCIA ao País Vasco acompañado de Gerardo Molina para incorporarse esta tarde a expedición do Racing.
Tres novidades para viaxar a Eibar

ANTÓN, CURRO VACAS e IVÁN ROMERO, son as tres novidades da convocatoria do Racing para o encontro do sábado, en Ipurúa, ante a S.D. Eibar. Pola contra, cáense da lista o francés RUDY CARLIER quen non se recuperou da súa lesión nas costelas, NACHO CALVILLO que cumprirá o primeiro dos dous partidos de sanción e DANI QUINTANA quen queda en Ferrol por decisión técnica. Ademais, DE PALMAS completa a lista dos xogadores non convocados. Luisito facilitou a convocatoria tras a última sesió[...] Continuar lendo.
Plan de viaxe a Bilbao

Ás 11.30 h. da mañá do venres, a expedición racinguista emprende a viaxe a Bilbao. O equipo partirá en autocar desde A Malata, estando prevista a chegada a Casa Consuelo de Otur ás 13.45 h para efectuar o XANTAR. A continuación, seguirase a viaxe a Bilbao, con chegada ao Hotel NH Villa de Bilbao sobre as 19.00 h. Acomodación nas habitacións e CEA ás 21.00 h. O sábado, o ALMORZO está fixado para as 09.00 h., tras o cal os xogadores estarán a disposición do adestrador. O XANTAR reali[...] Continuar lendo.