Novas
Marcos e Iván Romero recupéranse

O plantel do Racing adestrou no campo anexo da Malata e de novo coas ausencias por lesión de RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, RUDY CARLIER e LAURENT DE PALMAS, aos que se uniu JONATHAN MARTÍN por un problema nun abdutor, e o gardameta PACO con permiso por exames. A nota positiva foi a plena participación de IVÁN ROMERO e MARCOS ÁLVAREZ, e a do xuvenil MON, aínda que este xogador non realizou a totalidade do adestramento. A sesión, despois do habitual arrequecemento consistiu en diversos exe[...] Continuar lendo.

O Xuíz de Competición da 2ª División "B", confirmou a suspensión dun partido a JESÚS VARELA, por acumulación de cinco amoestacións, ademais dunha multa de 45 €. Desta forma, o lateral perderase o encontro do domingo ante o Palencia correspondente á última xornada de Liga.
Descafeinada volta ao traballo

O plantel do Racing volveu ao traballo cunha sesión vespertina no campo anexo da Malata. Un adestramento coas ausencias de NACHO CALVILLO, RUDY CARLIER, RUBÉN PÉREZ, LAURENT DE PALMAS e MARCOS ÁLVAREZ, todos eles por lesión. Aspectos serios e con poucas ganas de "xogos" na totalidade dos compoñentes, con exercicios de recuperación para os que xogaron ante o C.D. Mirandés e exercicios de maior intensidade con balón para os restantes.

As lesións de RUDY CARLIER, RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, IVÁN ROMERO, RICARDO MALAFAIA e os problemas no xeonllo de LAURENT DE PALMAS, así como a sanción de CURRO VACAS, deixan ao Racing con tan só trece xogadores senior, polo que Luisito tivo que botar man de tres xogadores xuvenís, PERMUY, MARCOS REMESEIRO e RAFA, este último fará o seu bautismo co primeiro equipo, e levará o dorsal 31. A lista completa dos convocados está formada por: REGUERO, PACO, DAVID FRANCH, JONATHAN MARTÍN,[...] Continuar lendo.
Malafaia e Juan Martínez recupéranse

O plantel do Racing realizou, no campo principal da Malata, o clásico partidillo de entre semana. Un adestramento, de novo, condicionado polas numerosas ausencias e que limitan ao equipo para o encontro ante o C.D. Mirandés. Ademais da baixa por sanción de Curro Vacas, están descartados para o domingo Nacho Calvillo, Rubén Pérez, Rudy Carlier e Iván Romero por lesión, mentres que se mantén a dúbida de Marcos Álvarez, que tan só fixo carreira continua. Pola contra, a nota positiva do [...] Continuar lendo.
Adestramento baixo "mínimos"

As lesións deixan o xa reducido plantel do Racing baixo mínimos. Rudy Carlier, Rubén Pérez, Nacho Calvillo e o xuvenil Mon, son baixa definitiva por lesión. E por outra banda, Iván Romero, Ricardo Malafaia, Marcos Álvarez e Juan Martínez, limitáronse a facer carreira continúa na primeira fase do adestramento, retirándose con anterioridade aos vestiarios, ao ter diferentes molestias musculares, polo que todos eles son moi dubidosos para afrontar o partido do fin de semana ante o C.D. M[...] Continuar lendo.

O Xuíz de Competición de 2ª División B, confirmou a suspensión dun partido a CURRO VACAS, por acumulación de cinco amonestacións e multa de 45 € ao club, e de 205 € ao futbolista.
Dura volta ao traballo

O plantel do Racing volveu ao traballo cunha sesión vespertina no campo principal da Malata. Un adestramento con varias ausencias: Juan Martínez cunha contractura no abdutor dereito, Nacho Calvillo cunha escordadura de grao dous no nocello dereito, Rubén Pérez cunha micro-rotura fibrilar no músculo semitendinoso da perna esquerda, e o xogador xuvenil Mon cunha escordadura de nocello. Por outra banda, Iván Romero, Malafaia, Jonathan e Carlier adestraron aparte. O resto do persoal, os que xo[...] Continuar lendo.

FINAL
m. 90 Entra Bergara por Txejo.
m. 68 Entra Permuy en lugar de Curro Vacas.
m. 67 O colexiado sinala penalti de Jonathan sobre Etxabe. Lanza Eibai e marca o gol do empate (1-1).
m. 57 Entra Antón por Nacho Calvillo que se retira lesionado.
m. 53 Cambios no Sestao. Etxabe entra en lugar de Larrazabal e Bonilla por Eder.
¡¡¡COMEZA A 2ª PARTE!!!
DESCANSO
m. 17 (1-0) Gol de Garrido ao aproveitar un rechace do porteiro na área pequena.
m. 3 Entra Marcos Álvarez en lugar de Rubén[...] Continuar lendo.
LUISITO: "O empate sabe a derrota"

O técnico do Racing compareceu en rolda de prensa e a súa cara denotaba a decepción por un empate que "sabe a derrota e nin eles crense o empate", foron as primeiras frases de Luisito. O adestrador racinguista sinalou como clave do empate o "cúmulo de despropósitos que temos porque para marcar un gol ¡nai miña!". "Tivemos moitas ocasións para marcarlles dúas ou tres goles e despois, aínda por riba, un penalti absurdo, que os xogadores coméntanme que a falta foi fora da área, empátan[...] Continuar lendo.