Novas
Reguero desvinculouse do Racing

Antonio Reguero asinou esta mañá a liquidación, co que quedou desvinculado do Racing. O gardameta madrileño chegou ao equipo ferrolán no mes de xaneiro da tempada 2008/09 como consecuencia da lesión do vigués Sergio. Reguero continuou na tempada 2009/10, na que foi titular indiscutible en todos os partidos de liga, a excepción do último no que cedeu a titularidade a Paco.

O xogador salmantino Jonathan Martín asinou a liquidación co que queda desligado do Racing, finalizando o seu periplo no equipo ferrolán, logo de cinco tempadas. Por outra banda, o gardameta Antonio Reguero chegou a un acordo para finalizar a súa relación co Racing, e o venres asinará a liquidación.
Overbooking na mini plantilla

A "mini" plantilla do Racing exercitouse na tarde do mércores, no campo anexo da Malata. Un adestramento no que houbo overbooking xa que participaron 16 xogadores, entre eles os catro portugueses que están a proba durante esta semana. Sinalar que o xuvenil Rafa limitouse a realizar carreira continua, mentres que a única ausencia foi a de Adrián, participando no seu lugar o xuvenil Pedro Garrote. Na sesión, despois do habitual arrequecemento, xogaron varios partidillos de cinco contra cinco [...] Continuar lendo.

Continúan as negociacións cos xogadores que non seguirán a próxima tempada, e con esta data asinaron a liquidación e polo tanto quedaron desligados do Racing, DANI QUINTANA, JESUS VARELA, NACHO CALVILLO e CARLOS RODRÍGUEZ.

Os xoves xogadores do Racing volveron ao traballo cunha sesión vespertina no campo anexo da Malata, e coa incorporación de catro xogadores portugueses que probarán esta semana co Racing. Aos lusos MARCOS e BRUNO GRAÇA dos que xa informaramos, uníronse ALBERTO SOARES, coñecido como BERTTINHO que ocupa a demarcación de delanterocentro, e FERNANDO JOSÉ COENTRAO, coñecido como NANDINHO que xoga de centrocampista. Ao adestramento, que ao ter poucos xogadores consistiu en exercicios de técni[...] Continuar lendo.
Dous portugueses do Vianense a proba

O vindeiro martes, día 18, dous xogadores portugueses chegarán a Ferrol para realizar unha proba no conxunto verde. Trátase do central, Bruno Castro Graça de 20 anos, mide 1.91 e pesa 87 kg e Marcos Filipe Aurora Arelas, dianteiro de 21 anos. Ambos xogadores estiveron no equipo Junior do Río Ave nas tempadas 2006/2007 e 2007/2008, na seguinte militaron no Limianos, mentres que na tempada que acaba de finalizar, tamén en Portugal, xogaron no Vianense da 2ª División Serie Norte.
Antón e Carlier, desligados do Racing

O vigués Antón de Vicente Adrio e o francés Rudy Carlier, chegaron a un acordo e asinaron a liquidación, co que quedan desligados do Racing. Por outra banda, o santiagués Manuel Castiñeiras tamén acordou cos dirixentes do Racing a finalización do seu contrato que asinará nos próximos días.

O madrileño Iván Romero Mingo e o portugués Ricardo Malafaia, tras chegar a un acordo coa directiva do Racing, asinaron a liquidación quedando así desligados do conxunto verde. Por outra banda, o vindeiro martes será Nacho Calvillo o que asine a liquidación para dar por finalizada a súa relación co conxunto racinguista.
O Racing ficha a Roberto do Órdenes

ROBERTO BALEATO PÉREZ, 20 anos, 1.90 mts de estatura, que ocupa a demarcación de mediocentro ou central, asinou o seu compromiso co Racing para a próxima tempada. Roberto é a primeira fichaxe foránea do Racing parala nova tempada en 3ª División, ao que os técnicos augúranlle unha excelente proxección no fútbol. O xoven xogador foi unha das pezas máis importantes na fase final do campionato de liga que disputou o Órdenes.

O Xuíz de Competición de 2ª División "B" sancionou a DIEGO GARRIDO cun partido de suspensión, como consecuencia da expulsión por cartón vermello directo no partido ante o C.F. Palencia, así como unha multa accesoria ao club de 45 €. Ao mesmo tempo foi sancionado, tamén cun partido, JUAN MARTÍNEZ por acumulación de cinco amoestacións e multa de 45 € ao club.