Novas

Foto vencellada

Na xornada de hoxe, o Racing fixo entrega a Cáritas, dos alimentos que entregaron os afeccionados no partido ante o Negreira disputado o pasado martes na Malata, dentro da campaña de recollida de alimentos e xoguetes que irán destinados ás persoas máis necesitas de Ferrol e a súa zona de influencia. A próxima semana farase entrega á O.J.E. dos xoguetes recolleitos.



Foto vencellada

Na tarde do martes, e nos prolegómenos do encontro Racing-Negreira, fíxose entrega dos premios aos gañadores do VII Concurso de Debuxo "Nadal e Deporte" organizado pola Fundación do Racing Club de Ferrol. O vicepresidente do Racing, D. José Criado, e o delegado de Begano, José Anxo Vigo foron os encargados de entregar os premios aos gañadores desta edición.
1º Premio:
HENAR MARIÑO BODELÓN. Colexio Mercedarias
2º Premio:
UXÍA PITA CABANAS. Colexio Compañía de María
3º. Pre[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

FINAL
min. 48 (1-1) Gol de Munín.
DESCANSO
min. 2 (1-0) Gol de Rafa Mella.
Alineacións:
Racing.- Marcos Valín, Borja Facal, Antonio, Pedro García, Pumar, Ernesto, Céspedes, Juan Martínez, Carlos, Rafa Mella e Pablo Rey. Banco: Paco (p.s.), Dani Cabanillas, Alfonso, Elvis e Rubén Pardo.
Negreira.- Albor, Jesús Torres, Rendo, Munín, Óscar Vidal, Nacho, Cuki, Peloto, Gonzalo, Capelo e Juan. Banco: Óscar Vilariño (p.s.), Óscar Ramos, Chava, Dani Méndez e Adán.



Foto vencellada

O técnico do Racing comentou na rolda de prensa tras o empate ante o Negreira, o oitavo da tempada, que a única solución para gañar partidos é: "seguir traballo, eu non coñezo outro camiño que traballar e darlles ánimo aos xogadores para que sigan loitando. Con traballo e bos resultados é a única forma de gañar confianza". Aira non atopa explicación á falta de confianza que teñen os seus xogadores e recoñeceu que "nos pesa moito a responsabilidade de xogar en casa. É difícil de [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O martes, 6 de decembro, ás 17.00 h., o Racing recibirá ao Negreira, en partido correspondente á 18ª xornada de 3ª División. Este encontro foi declarado como "Día da Solidariedade", polo que a Fundación Racing Club Ferrol e a Escola de Fútbol R. Ferrol, en colaboración coa Ou.J.E. Ferrol e CÁRITAS DIOCESANA, fará unha recollida de xoguetes novos ou usados en bo estado e de alimentos non perecedoiros (leite, galletas, etc.), para repartir entre as persoas máis desfavorecidas de Ferr[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Racing afronta un partido crave para as súas aspiracións, o domingo, a partir das 17.00 horas, no campo do Couto ante o C.D. Ourense coa TVG2 como testemuña.
José Manuel Aira, consciente de que gran parte das opcións do Racing para achegarse aos postos de play-off de ascenso pasan por gañar en Ourense, despraza a todos os xogadores dispoñibles e quedan tan só en Ferrol, Rubén Pérez que se recupera dunha rotura fibrilar e Ekedi que está pendente dunha posible cesión.
A principal n[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Continúa o bo ambiente entre os afeccionados ferroláns para viaxar co Racing a Ourense, con preto dun centenar de racinguistas que se inscribiron para apoiar ao equipo. Aínda quedan algunhas prazas libres, pero xa están asegurados os dous autobuses para o desprazamento.
(01/12/11) Os afeccionados ferroláns anímanse para viaxar a Ourense co Racing, ao confirmarse - por primeira vez esta tempada - xa que a día de hoxe xa se completou un autobús, e existe a opción de contratar un segundo [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

FINAL
min. 63 (1-0) Gol de Kamate.
DESCANSO
min. 43 Cartón amarelo a Diego.
min. 41 Cartón amarelo a Hugo.
min. 36 Cartón amarelo a Pumar.
min. 20 Primeiro troco do partido. Retírase lesionado Nandi e entra Silva.
Alineacións:
Racing.- Marcos Valín, Borja Facal, Antonio, Alfonso, Pumar, Pedro García, Céspedes, Pablo Rey, Carlos, Elvis e Cabanillas. Banco: Paco (p.s.), Kamate, Juan Martínez, Rafa Mella e Rubén Pardo.
Cultural Areas.- Vitas, Samuel, Cani, Sombri, Vicente, Sanrom[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O técnico do Racing, José Manuel Aira, respiraba tranquilo tras a vitoria ante o Cultural Areas: "hai que seguir sumando vitorias". Sobre o partido recoñeceu que na primeira parte o equipo "perdeu a tranquilidade ao ver que non eramos capaces de marcar, afortunadamente na segunda logramos o primeiro tanto aínda que nos custou aguantar o resultado".



Foto vencellada

Esta tarde o plantel do Racing terá unha nova sesión de traballo para seguir preparando o encontro deste domingo ante o Cultural Areas no campo da Malata. Un partido que se presenta coa dúbida de Pablo Rey por un problema no nervio ciático e a baixa segura de Rubén Pérez cunha rotura fibrilar. Por outra banda, neste encontro gardarase un minuto de silencio en memoria dos exdirectivos do conxunto verde, Antonio Barcia Oanes (Lejías Barcia) e Tomás Romero Blanco (Masito), falecidos recente[...] Continuar lendo.



Buscador