Novas

Foto vencellada

O Plantel do Racing incorporóuse a os adestramentos cunha sesión vespertina, nos campos de herba artificial da Malata.
José M. Aira contou con todos os xogadores do persoal, aínda que Ernesto incorporouse máis tarde á sesión por atraso no voo desde Mallorca.
Hai que destacar a incorporación aos adestramentos do Racing do xogador francés NICO DESENCLÓS, que solicitou adestrar co equipo ao atoparse sen equipo e de vacacións na cidade.



Foto vencellada

A Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas do Racing celebrada o venres, día 30, na Sala de Prensa do Complexo da Malata, e á que asistiron 14 acionistas que representaron un total de 26.601 accións por valor de 1.598.751,20 €, o que equivale ao 62,27 % do capital do club, aprobaron por unanimidade todos os puntos da Orde do Día.
Hai que destacar, entre outros, o balance económico da tempada 2010/2011 arroxou un déficit de 84.259 € como consecuencia dunha importante baixada dos ingresos a[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Na tarde do pasado venres fíxose entrega á O.J.E. dos xoguetes recollidos nas últimas semanas polos alumnos da Escola de Fútbol e polos afeccionados no partido disputado ante o Negreira o pasado 6 de decembro. Os xoguetes irán destinados aos nenos máis necesitados de Ferrol e a súa zona de influencia.



Foto vencellada

O plantel do Racing está gozando das vacacións de Nadal. O pasado xoves, día 22 de decembro, o equipo tivo o último adestramento nas instalacións da Malata, iniciando así as vacacións que se prolongarán ata o 2 de xaneiro de 2012. A partir de aí o equipo que adestra Jósé Manuel Aira terá por diante 6 días para preparar o primeiro partido do ano, coincidindo co comezo da segunda volta, e que será un desprazamento a Pontevedra para xogar no campo do Vilalonga. Recordar que na primeir[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

A Xuíza Única de Competición en aplicación do Art. 101.1 do Código Disciplinario, sancionou ao Racing Club Ferrol cunha multa de 300 € e apercibimiento de clasura do campo da Malata en caso de reincidencia, polos incidentes de público provocados pola afección do Racing Club Ferrol, no partido Alondras - Racing, disputado o domingo, día 18 no campo do Morrazo.



Foto vencellada

O Racing non puido despedir o ano cun resultado positivo ao perder en Vigo ante o Alondras por 3-2. Unha derrota que afasta ao equipo verde dos postos de promoción de ascenso. En canto ao partido, os cinco goles chegaron na segunda parte e, catro deles en tan só seis minutos. O pichichi de 3ª División, Santi Domínguez, foi un auténtico pesadelo para o conxunto racinguista ao marcar os tres goles do seu equipo. O primeiro chegou no min. 56, aínda que dous minutos máis tarde, Dani Cabanill[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Racing disputa o último partido do ano en Cangas ante o Lavercas. F.C., nun partido crave para o equipo ferrolán que necesita a vitoria para manter opcións de optar a clasificarse para os play-off de ascenso.
A mensaxe do presidente ante este encontro, "é imprescindible conseguir unha vitoria ante o Lavercas,pola contra perderiamos as opcións de aspirar ao noso obxectivo".
José Manuel Aira non poderá contar para este encontro con Pablo Rey e Rubén Pérez que non se recuperaron das s[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

A Federación de Peñas do Racing, en colaboración co club, organiza para este fin de semana unha viaxe a Cangas para arroupar ao equipo. A saída será o domingo, ás 14.00 h., desde as inmediacións da Malata, e regresarase unha vez finalice o partido. O prezo por persoa é de 5€ e para inscribirse poderán facelo no Bar Morandeira ou no Club.
En caso de non completarse o autobús de 55 prazas porase un microbús para os que estean interesados en viaxar pero o custo da viaxe serían 10 [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

Tras a reunión celebrada esta tarde polo Presidente do Racing, Isidro Silveira, co Director Deportivo, Juan Carlos Fernández, o Mánager Xeral, Gerardo Molina, e o adestrador, José M. Aira, quedou aprazada a cesión de EKEDI ao C.D. Lalín. Este asunto volverase a tratar a próxima (12/12/11) Na xornada de hoxe pechouse o acordo de cesión para que o camerunés, Steve Ekedi, xogue no Lalín ata final de tempada. No entanto, o Racing resérvase o dereito de repescarlo de cara á próxima tempa[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

A Selección Galega de Afeccionados perdeu ante a Selección de Asturias por 1-3, e quedou eliminada na 1ª Fase da Copa de Rexións da UEFA. A Selección de Asturias que tamen había gañado a Aragón na primeira xornada, clasificouse para a 2ª Fase.
(09/12/11) A Selección Galega de Afeccionados empatou a un gol coa Selección de Madrid. Os tres xogadores do Racing foron protagonistas do encontro, Rafa Mella ao marcar o gol que adiantaba a Galicia no min. 78, e Juan Martínez e Fernando Puma[...] Continuar lendo.



Buscador