Novas

Foto vencellada

O plantel do Racing, no seu segundo día de pretemporada traballou en dobre sesión. Pola mañá cuns exercicios básiameente físicos e con moi pouco balón, que realizaron no ximnasio e nos campos anexos de herba artificial da Malata. E pola tarde o traballo realizouse no campo anexo de herba natural da Malata, cuns exercicios moi variados e centrados no aspectos técnicos con balón.



Foto vencellada

O Racing comezou o traballo da tempada 2011/2012, cunha sesión nos campos artificiais da Malata, baixo a dirección de Stili e Fran Beade. Nesta primeira sesión non participaron Kamate que se incorporará ao grupo o martes, pola tarde, nin tampouco Borja Facal que tivo que pasar revisión médica co traumatólogo en Fremap. Os xuvenís Álex Amil e Pablo Calviño incorporáronse ao primeiro equipo para realizar a pretemporada, e o corpo técnico decidirá a súa continuidade durante a tempada,[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O R.C.Deporitvo da Coruña disputará ante o Racing Club de Ferrol o Trofeo "Concepción Areal", o día 10 de agosto ás 20.00 h., no campo da Malata. O presidente Augusto César Lendoiro aceptou persoalmente a invitación cursada por Isidro Silveira, xesto que o presidente racinguista valorada e agradece ao máximo mandatario do Deportivo.



Foto vencellada

O madrileño Ignacio Afonso Velasco, 31 anos, 1.89 de estatura, novo xogador do Racing para a tempada 2011/2012. Nacho Afonso pode xogar de central ou lateral esquerdo, e procede do Pontevedra C.F.



Foto vencellada

O xogador abulense Gustavo Terleira Madrigal, dianteiro centro de 1.85 mts., 27 anos, procedente do Villaralbo F.C. de 3ª división de Castela-León asinou polo Racing para a tempada 2011/2012, con opción a outra máis.



Foto vencellada

O xogador ferrolán Pablo Rei asinou esta mañá o contrato que o liga ao Racing para a tempada 2011-2012. A continuidade de Pablo era unha das principais prioridades dos técnicos racinguistas para a composición do novo proxecto deportivo.



Foto vencellada

O xogador esloveno NEJC KOLMAN asinou contrato co Racing para a tempada 2011/2012. KOLMAN é un lateral que se desenvolve perfectamente en ambas as bandas, de 22 anos, internacional sub-19, e que procede do PRIMORJE da 1ª División de Eslovenia.



Foto vencellada

O centrocampista catalán, Óscar Céspedes, xa asinou o contrato que o lioga ao Racing para a temporada 2011-2012.



Foto vencellada

O dianteiro centro cántabro de 19 anos, José Mª Iñigo Veiga, coñecido futbolisticamente como CHEMA asinou contrato con ewl Racing para a tempada 2011/2012. Chema procede do Atl. Perines da División de Honra xuvenil.



Foto vencellada

O central, José Manuel AIRA, seguirá no Racing a próxima tempada. No día de onte, tanto o xogador como o club chegaron a un acordo para a súa continuidade, converténdose así na sétima renovación da pretemporada.
Por outra banda, tamén se chegou a un acordo para a fichaxe do esloveno NEJC KOLMAN. Ten 21 anos e pode actuar tanto de lateral defensivo como de medio centro.



Buscador