Novas
Ruta de viaxe a Estella

Unha semana máis, o plantel racinguista fará unha longa viaxe para afrontar o partido de ida da 2ª eliminatoria do PLAY-OFF de ASCENSO a 2ª División "B", e que o enfrontará ao C.D. Izarra. Nesta ocasión, o Racing xogará en Estella aínda que se viaxará ata a localidade navarra de Pamplona, lugar onde pasará a noite o equipo, e que está a 711,4 km de Ferrol. A saída será o sábado, ás 11 da mañá, desde as instalacións da Malata. A primeira parada da viaxe farase ás 14.00 h. para[...] Continuar lendo.
Acabouse a tempada para Borja Facal

O lateral dereito, BORJA FACAL, ten unha fisura no peroné da súa perna esquerda polo que se perde o que resta de tempada. O xogador, ademais de recibir numerosos golpes no encontro do domingo ante o Binéfar, sufriu un novo contratempo no adestramento do luns. Esta mañá practicóuselle unha radiografía, tras a cal confirmouse o diagnóstico da lesión.

Na tarde de onte, no campo anexo da Malata, o plantel do Racing volveu ao traballo coa mente posta no rival da 2ª eliminatoria do Play-Off de Ascenso, o C.D. Izarra. Unha semana máis, a maior preocupación está en recuperar aos xogadores que sofren diferentes problemas físicos. A boa noticia é que PABLO REY, MARCOS SUÁREZ, SERGIO ARIAS, CURRO VACAS e KAMATE adestraron co resto do grupo. Pola contra, os únicos que traballaron á marxe foron BORJA FACAL e ROBERTO BALEATO, aínda que evoluci[...] Continuar lendo.
Viaxe para os afeccionados a Estella

A FDP, coa colaboración do Racing Club Ferrol, organiza un bus para viaxar a Estella e poder presenciar o partido deste domingo.
A saída será o domingo, ás 06:00 H, desde a Praza do Inferniño (parada de taxis). O regreso, como é habitual, unha vez que finalice o partido. O prezo da viaxe é de 20 € por persoa, e para inscribirse poden facelo na oficina do Club (A Malata) ou Café-Bar Morandeira (Crta. San Pedro, 295).
Os interesados deberán apuntarse e abonar a viaxe antes do sábad[...] Continuar lendo.

Esta tarde, ás 17.30 h., terá lugar na sede da RFEF, o sorteo da 2ª eliminatoria do PLAY-OFF de ASCENSO a 2ª División "B". O Racing, como segundo clasificado da liga regular, entrará no bombo con sete terceiros e dous segundos. No caso de que o rival sexa un terceiro o primeiro partido sería fóra de casa, en caso contrario a orde determinarao o sorteo.
Os terceiros clasificados foron: Sestao River, R. Santander "B", Anguiano, Constancia, Pozoblanco, Villaviciosa de Odón, A Roda, Gimn[...] Continuar lendo.

Esta tarde, celebrouse o sorteo dos emparellamentos da 2ª eliminatoria do PLAY-OFF de ASCENSO a 2ª División "B", e o RACING terá que enfrontarse ao C.D. IZARRA, segundo clasificado do Grupo 15 (finalizando a liga regular con 83 puntos, logo de gañar 25 partidos, empatar 8, e perder tan só 5, marcando 78 goles e encaixando 24). O partido de ida celebrarase o domingo, día 05 de xuño, ás 18.00 horas, no campo Merkatondoa de herba artificial, de 102 x 65 mts., mentres que o de volta será o[...] Continuar lendo.

FINAL E O RACING CLASIFÍCASE PARA A 2ª ELIMINATORIA.
m. 93 Troco no Binéfar. Entra Valimañas en lugar de Didac.
m. 92 Golaaaaaaaaaaazoooooooooo Céspedes (2-0)
m. 87 Primeiro troco do Binéfar. Entra Petro por Jordi Martín.
m. 80 Terceiro e último troco do Racing. Retírase Borja Facal e entra Rafa Casanova.
m. 62 Segundo troco no Racing. Abandoa o terreo de xogo Pablo Rey e entra Marcos Álvarez.
m. 52 Primeiro troco do Racing. Entra Sergio Arias por Marcos Suárez.
¡¡¡Comezou a[...] Continuar lendo.
Luisito: "Foi un partido trepidante"

O técnico do Racing, Luisito, mostrou a súa satisfacción pola vitoria ante o Binéfar que significa seguir con opcións de lograr o ascenso de categoría. A definición do partido por parte do técnico non puido ser mellor "foi un encontro trepidante". A Malata estalou no min. 94 cando Céspedes logrou o gol que deixaba sentenciada a eliminatoria e Luisito sinalou que "o segundo gol tamén o meteu a afección. estiveron de 10". O adestrador confía en ter sorte co rival da 2ª eliminatoria e [...] Continuar lendo.

Esta mañá, o plantel do Racing realizou o último adestramento de cara ao importante encontro do domingo ante o C.D. Binéfar, e no que o conxunto ferrolán xógase a súa clasificación para a segunda eliminatoria do PLAY-OFF de ASCENSO a 2ª División "B". A nota negativa da sesión de traballo estivo na lesión de ROBERTO BALEATO ao sufrir unha contractura nun xemelgo. Pola contra, de forma positiva hai que destacar que os lesionados AIRA, PABLO REY e BORJA FACAL recuperáronse dos seus res[...] Continuar lendo.

O plantel do Racing volveu onte, mércores, aos adestramentos cunha sesión celebrada no campo anexo da Malata. A maior preocupación segue sendo a recuperación dos lesionados AIRA, PABLO REY, BORJA FACAL e CURRO VACAS. Destes catro xogadores, o único que realizou algo de traballo físico foi AIRA, en concreto o central fixo carreira continua e evoluciona favorablemente da contratura nos isquiotibiais. Ao ferrolán PABLO REY, tras recaer o sábado en Binéfar da fascitis plantar, realizóusell[...] Continuar lendo.

