Novas

Foto vencellada

O centrocampista catalán, Óscar Céspedes, xa asinou o contrato que o lioga ao Racing para a temporada 2011-2012.



Foto vencellada

O xogador esloveno NEJC KOLMAN asinou contrato co Racing para a tempada 2011/2012. KOLMAN é un lateral que se desenvolve perfectamente en ambas as bandas, de 22 anos, internacional sub-19, e que procede do PRIMORJE da 1ª División de Eslovenia.



Foto vencellada

O dianteiro centro cántabro de 19 anos, José Mª Iñigo Veiga, coñecido futbolisticamente como CHEMA asinou contrato con ewl Racing para a tempada 2011/2012. Chema procede do Atl. Perines da División de Honra xuvenil.



Foto vencellada

O central, José Manuel AIRA, seguirá no Racing a próxima tempada. No día de onte, tanto o xogador como o club chegaron a un acordo para a súa continuidade, converténdose así na sétima renovación da pretemporada.
Por outra banda, tamén se chegou a un acordo para a fichaxe do esloveno NEJC KOLMAN. Ten 21 anos e pode actuar tanto de lateral defensivo como de medio centro.



Foto vencellada

Os dirixentes do conxunto verde seguen dando pasos para confeccionar o plantel da tempada 2011-2012. Así, o dianteiro ortegano, Rubén Pardo, chegou a un acordo para vestir de verde o próximo ano polo que se converte na terceira fichaxe de pretemporada.



Foto vencellada

O lateral dereito, Borja Facal e o lateral esquerdo, Fernando Pumar seguirán vestindo a elástica verde a próxima tempada. Ambos xogadores chegaron a un acordo co club para a súa renovación e tan só falta que se fagan efectivadas coa firma dos respectivos contratos. Estes dous xogadores únense así a Rafa Mella, Juan Martínez, Paco, Héber e Marcos Remeseiro, que tamén continúan da pasada campaña. En canto ás novas incorporacións para a tempada 2011-2012, polo momento as únicas fich[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O defensa central Antonio continuará a próxima tempada no Racing, tras chegar esta tarde a un acordo co Director Deportivo. O xogador coruñés que asinará o contrato nos próximos días súmase así ao novo proxecto racinguista.



Foto vencellada

O Racing pechou as fichaxes de DIEGUITO e DIEGO CHIS de cara á próxima tempada 2011-2012, ambos proceden do Narón Balompé Piñeiros pero se formaron na canteira do Racing Xuvenil. Diego Serantes Díaz "Dieguito", naceu o 20 de xuño de 1990, ten 21 anos recentemente cumpridos e vestirá a camiseta do Racing durante as tempadas 2011/2012 e 2012/2013. Pola súa banda, Diego Martínez Rodríguez "Diego Chis", naceu o 5 de agosto de 1990, polo que dentro de mes e medio cumprirá os 21 anos, e a [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O técnico, Antonio José López Martínez, "STILI", será o novo adestrador do Racing na Tempada 2011-2012, substituíndo así a Luisito no banco verde. O adestrador cedeirense foi presentado esta tarde aos medios de comunicación por parte do presidente, Isidro Silveira, xunto ao preparador físico, Fran Beade e o director deportivo, Juancar.
STILI ten 42 anos e o seu primeiro reto no conxunto verde será o de devolver ao equipo á 2ª División "B", tras a decepción de non logralo esta tem[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O ferrolán, PABLO REY, recibirá este próximo venres o trofeo como Mellor Xogador de 3ª División da tempada 2010-2011. Este será un dos galardóns que entregará a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol durante a entrega de premios da asociación que se celebrará este venres, día 17 de xuño, a partir das 21.00 h., no Hotel Congreso de Cacheiras, en Santiago.



Buscador