Novas

Foto vencellada

O Galicia Caranza anunciou a anulación do encontro amigable que estaba previsto disputásese entre o Racing e o Cerceda o día 19 de agosto, e encadrado dentro do III Torneo Festas Barrio de Caranza. O motivo da suspensión foron as dificultades que tivo o Cerceda para disputar devandito encontro.



Foto vencellada

Tras disputar ante O Val o primeiro encontro amigable da pretemporada, o Racing ten confirmados outros 8 partidos, ademais dos encontros da Copa Diputación.

- 29/07 19:00 (Elviña) Montañeros-Racing
- 21/07 19:00 (S.Mateo) Racing-As Pontes
- 03/08 (Cantarrana) Viveiro-Racing
- 10/08 20:00 (A Malata) LII Concepción Arenal
Racing-Deportivo
- 13/08 19:00 (O Beco) Racing-Montañeros
- 15/08 19:00 (A Pedreira) Mugardos-Racing
- 16/08 18:30 (García Hnos.) Betanzos-Ra[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Racing no primeiro ensaio da tempada empatou sen goles ante o conxunto de Ou`Val, en partido celebrado na tarde de onte no campo de Sinde, en presenza duns 500 afeccionados. Nesta primeira proba, partido igualado na primeira metade e superioridade do Racing na continuación con algunhas ocasións para desnivelar o marcador, pero a falta de definición propiciou que non houbese goles.
(FOTOS DO PARTIDO NA GALERÍA FOTOGRÁFICA)



Foto vencellada

Uns valos publicitarios instalados nas saídas-entradas da cidade e no autobús da liña-7, cos lemas "Todos con traballo", "Todos co Racing", protagonizan a campaña de abonados do Racing que foi presentada esta mañá por Isidro Silveira - presidente racinguista -.
En canto aos prezos mantéñense os da pasada tempada, e como novidades se amplían as categorías de sub-27 a sub-28, os sub-18 a sub-19 e os sub-11 pasan a sub-12.



Foto vencellada

O plantel do Racing, no seu segundo día de pretemporada traballou en dobre sesión. Pola mañá cuns exercicios básiameente físicos e con moi pouco balón, que realizaron no ximnasio e nos campos anexos de herba artificial da Malata. E pola tarde o traballo realizouse no campo anexo de herba natural da Malata, cuns exercicios moi variados e centrados no aspectos técnicos con balón.



Foto vencellada

O Racing comezou o traballo da tempada 2011/2012, cunha sesión nos campos artificiais da Malata, baixo a dirección de Stili e Fran Beade. Nesta primeira sesión non participaron Kamate que se incorporará ao grupo o martes, pola tarde, nin tampouco Borja Facal que tivo que pasar revisión médica co traumatólogo en Fremap. Os xuvenís Álex Amil e Pablo Calviño incorporáronse ao primeiro equipo para realizar a pretemporada, e o corpo técnico decidirá a súa continuidade durante a tempada,[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O R.C.Deporitvo da Coruña disputará ante o Racing Club de Ferrol o Trofeo "Concepción Areal", o día 10 de agosto ás 20.00 h., no campo da Malata. O presidente Augusto César Lendoiro aceptou persoalmente a invitación cursada por Isidro Silveira, xesto que o presidente racinguista valorada e agradece ao máximo mandatario do Deportivo.



Foto vencellada

O madrileño Ignacio Afonso Velasco, 31 anos, 1.89 de estatura, novo xogador do Racing para a tempada 2011/2012. Nacho Afonso pode xogar de central ou lateral esquerdo, e procede do Pontevedra C.F.



Foto vencellada

O xogador abulense Gustavo Terleira Madrigal, dianteiro centro de 1.85 mts., 27 anos, procedente do Villaralbo F.C. de 3ª división de Castela-León asinou polo Racing para a tempada 2011/2012, con opción a outra máis.



Foto vencellada

O xogador ferrolán Pablo Rei asinou esta mañá o contrato que o liga ao Racing para a tempada 2011-2012. A continuidade de Pablo era unha das principais prioridades dos técnicos racinguistas para a composición do novo proxecto deportivo.



Buscador