Novas

Foto vencellada

O dianteiro xuvenil MARCOS REMESEIRO CONDE, asinou un contrato co Racing para as próximas tres tempadas. O xoven xogador, ao que aínda lle queda un ano na categoría de xuvenís, leva dúas tempadas no Racing Xuvenil, e procede da canteira do URAL da Coruña. Marcos naceu na Coruña o 21 de xullo de 1992, mide 1.80 cm e pesa 68 quilos. O dianteiro adestrará co primeiro equipo do Racing e será considerado como un xogador máis do plantel, aínda que dada a súa condición de xogador xuvenil p[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O dianteiro xuvenil, RAFA, converteuse na primeira fichaxe do Racing de cara á próxima tempada 2010-2011. Tras unha breve reunión co Director Xeral do Club, Carlos Paz, o xogador asinou o contrato que o liga ao conxunto verde durante as 3 próximas tempadas. Rafael Mella Ferreiro, aínda en idade xuvenil, naceu na Coruña o 3 de novembro de 1991, mide 1.78 cm e pesa 69 quilos. Orillamar e Calasanz da Coruña foron os seus equipos ata que na actual tempada chegou ao Racing Xuvenil da División[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O plantel do Racing realizou na tarde do xoves, no campo principal da Malata, o último partidillo da tempada. Luisito non puido contar con RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, JONATHAN e RUDY CARLIER, xogadores que sofren diferentes molestias e que serán baixa para o partido do domingo ante o Palencia. Ademais, CARLOS cun estiramento retirouse tras disputar a primeira parte do partidiño, ainda que todo parece indicar que non terá problemas para xogar o fin de semana. Unha semana máis, as lesións[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O plantel do Racing adestrou no campo anexo da Malata e de novo coas ausencias por lesión de RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, RUDY CARLIER e LAURENT DE PALMAS, aos que se uniu JONATHAN MARTÍN por un problema nun abdutor, e o gardameta PACO con permiso por exames. A nota positiva foi a plena participación de IVÁN ROMERO e MARCOS ÁLVAREZ, e a do xuvenil MON, aínda que este xogador non realizou a totalidade do adestramento. A sesión, despois do habitual arrequecemento consistiu en diversos exe[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Xuíz de Competición da 2ª División "B", confirmou a suspensión dun partido a JESÚS VARELA, por acumulación de cinco amoestacións, ademais dunha multa de 45 €. Desta forma, o lateral perderase o encontro do domingo ante o Palencia correspondente á última xornada de Liga.



Foto vencellada

O plantel do Racing volveu ao traballo cunha sesión vespertina no campo anexo da Malata. Un adestramento coas ausencias de NACHO CALVILLO, RUDY CARLIER, RUBÉN PÉREZ, LAURENT DE PALMAS e MARCOS ÁLVAREZ, todos eles por lesión. Aspectos serios e con poucas ganas de "xogos" na totalidade dos compoñentes, con exercicios de recuperación para os que xogaron ante o C.D. Mirandés e exercicios de maior intensidade con balón para os restantes.



Foto vencellada

As lesións de RUDY CARLIER, RUBÉN PÉREZ, NACHO CALVILLO, IVÁN ROMERO, RICARDO MALAFAIA e os problemas no xeonllo de LAURENT DE PALMAS, así como a sanción de CURRO VACAS, deixan ao Racing con tan só trece xogadores senior, polo que Luisito tivo que botar man de tres xogadores xuvenís, PERMUY, MARCOS REMESEIRO e RAFA, este último fará o seu bautismo co primeiro equipo, e levará o dorsal 31. A lista completa dos convocados está formada por: REGUERO, PACO, DAVID FRANCH, JONATHAN MARTÍN,[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O plantel do Racing realizou, no campo principal da Malata, o clásico partidillo de entre semana. Un adestramento, de novo, condicionado polas numerosas ausencias e que limitan ao equipo para o encontro ante o C.D. Mirandés. Ademais da baixa por sanción de Curro Vacas, están descartados para o domingo Nacho Calvillo, Rubén Pérez, Rudy Carlier e Iván Romero por lesión, mentres que se mantén a dúbida de Marcos Álvarez, que tan só fixo carreira continua. Pola contra, a nota positiva do [...] Continuar lendo.



Foto vencellada

As lesións deixan o xa reducido plantel do Racing baixo mínimos. Rudy Carlier, Rubén Pérez, Nacho Calvillo e o xuvenil Mon, son baixa definitiva por lesión. E por outra banda, Iván Romero, Ricardo Malafaia, Marcos Álvarez e Juan Martínez, limitáronse a facer carreira continúa na primeira fase do adestramento, retirándose con anterioridade aos vestiarios, ao ter diferentes molestias musculares, polo que todos eles son moi dubidosos para afrontar o partido do fin de semana ante o C.D. M[...] Continuar lendo.



Foto vencellada

O Xuíz de Competición de 2ª División B, confirmou a suspensión dun partido a CURRO VACAS, por acumulación de cinco amonestacións e multa de 45 € ao club, e de 205 € ao futbolista.



Buscador