Xornada 23ª xornada

Liga /1
4 0
Racing Ferrol Rápido Bouzas
29/01/12 17:00 sen dato

Racing Ferrol: MARCOS VALÍN, ALFONSO, PUMAR, PEDRO GARCÍA, ERNESTO, JUAN M. (CÉSPEDES 24'), BORJA FACAL, RUBÉN PÉREZ (CABANILLAS 45'), PABLO REY, KAMATE (CARLOS 75'), RAFA MELLA
Adestrador: Aira
Rápido Bouzas: Lloves, Portas, Agujetas, Marcos, Cotilla, Nacho, Jaco (Tabi 27'), Rubén (Óscar 69'), Tubo (Chema 69'), Benja, Diz
Adestrador: Juan Carlos

O Racing rompe coa súa racha negativa e dalle unha alegría a afección na Malata

O Racing derrotou ao Rápido de Bouzas por 4-0 no campo da Malata. Unha vitoria coa que rompe con 6 xornadas consecutivas sen gañar. Kamate, Rafa Mella e Pablo Rey en dúas ocasións, marcaron os goles que permitiron sumar tres novos puntos e mirar, con algo máis de tranquilidade, a clasificación. O partido non puido comezar mellor para os ferroláns, xa que aos dous minutos Kamate celebraba o primeiro gol da tarde. A pesar do marcador a favor, o control do partido e o dominio do balón foi para o Rápido de Bouzas que, unha e outra vez, chegaba á portería de Marcos Valín, aínda que o gardameta defendeu con seguridade a portería cortando as ocasións do equipo rival. O Racing chegaba a intervalos pero, nunha das poucas ocasións da primeira parte, cando se xogaba o min. 40 Rafa Mella aproveitou que o porteiro estaba adiantado para enviar o balón ao fondo da rede desde unha distacia de 30 metros. Co 2-0 chegouse ao descanso e na continuación, concretamente no min. 58, Pablo Rey aproveitou un bo pase de Cabanillas para marcar o 3-0. O Rápido de Bouzas xa estaba totalmente afundido e o segundo tempo foi dominado claramente polo Racing. Minutos máis tarde, de novo Pablo Rey, anotou o 4-0 definitivo ao facerse cun rexeite tras un lanzamento de Kamate que se estrelou no pau. A única nota negativa do encontro foi a lesión de Juan Martínez, cunha forte escordadura de nocello tivo que abandonar o terreo de xogo no min. 24.

Partido

min

local

visitante

2'
gol8.KAMATE [1-0]

24'
cambio7.JUAN M.
cambio6.CÉSPEDES

27'
cambio.Jaco
cambio.Tabi

37'
amarilla21.RUBÉN PÉREZ

40'
gol9.RAFA MELLA [2-0]

44'
amarilla2.BORJA FACAL

45'
cambio21.RUBÉN PÉREZ
cambio.CABANILLAS

58'
gol10.PABLO REY [3-0]

62'
amarilla3.PUMAR

64'
gol10.PABLO REY [4-0]

69'
cambio.Rubén
cambio.Chema
cambio.Tubo
cambio.Óscar

75'
cambio8.KAMATE
cambio17.CARLOS

83'
roja.Jaco
amarilla.Tabi

Final do partido