Xornada 3ª

Liga 3ª División 2010/11
0 2
Racing Ferrol Cerceda
12/09/10 16:45 A Malata

Racing Ferrol: PACO, AIRA, ANTONIO, JUAN M., RAFA, CURRO VACAS (SERGIO ARIAS 45'), PORATTI, BORJA, FELIPE, MARCOS SUÁREZ (MARCOS 45'), PABLO REY (ROBERTO 66')
Adestrador: José Luis Míguez
Cerceda: Cristopher, Cabrejo, Mariño, Noé, David Rey, Rodrigo, Manu Barreiro (Barreal 73'), Xaco, Óscar (Souto 52'), Franqueira, Aito Díaz
Árbitro: Álvarez Prada (Ourense)

O COLEXIADO, OS PENALTIS E O CERCEDA AVISO IMPORTANTE PARA O RACING

O colexiado ourensán Álvarez Prada, con 7 cartóns amarelos ao Racing na 1ª parte, e un penalti que tan só viu el no min. 18, condicionou un partido entre dous dos aspirantes a estar na zona alta da táboa. Os primeiros compases do encontro facían presaguiar un duelo moi apaixonante e competido, no que ambos equipos buscaban a portería contraria, o equipo local cun xogo combinativo e o Cerceda cunhas perigosas contras. Con todo, o gol chegaría nunha pena máxima que o colexiado sacouse da manga no min. 18 e que Manu Barreiro transformaba para pór o marcador no 0-1. O Racing non se desfixo e seguiu acosando a portería rival pero nunha nova contra visitante, o árbitro sinala un novo penalti, xogábase o min. 28 pero esta vez Cabrejo lanzou o balón fóra. O Racing puido empatar, primeiro cunha ocasión de socato de Marcos Suárez e no min. 44 cun disparo de Pablo Rey pero o balón foi repelido polo traveseiro, chegándose ao descanso co 0-1 no marcador. Na segunda parte, Luisito deu entrada a Marcos Álvarez e Sergio Arias e o conxunto verde acurralou ao Cerceda no seu campo aínda que sen dispor de ocasións claras de gol e no min. 65 os ferroláns quedaron cun home menos pola expulsión de Antonio con dobre cartolina amarela. A partir destes momentos o partido abriuse e o Cerceda volveu contraatacar con certo perigo, aínda que o Racing dispuxo de dúas ocasións moi claras para bater ao gardameta visitante, unha de Felipe e outra de Aira que non se materializaron por verdadeira mala sorte. E aínda por riba, no min. 82 unha nova pena máxima, nesta ocasión de Rafa Casanova que ao recibir un empuxón desequilíbrase e como consecuencia toca o balón coa man co que o colexiado decretou o penalti co que Barreal establecía o 0-2 definitivo. Nos últimos minutos acoso infrutuoso do Racing que con esta derrota recibe un aviso importante do que é a 3ª División.

Partido

min

local

visitante

10'
amarilla.ANTONIO

18'
amarilla.CURRO VACAS

19'
gol(p).Manu Barreiro [0-1]

21'
amarilla.JUAN M.

27'
amarilla.PACO

38'
amarilla.FELIPE

42'
amarilla.PABLO REY

45'
cambio.MARCOS SUÁREZ
cambio.SERGIO ARIAS
amarilla.MARCOS SUÁREZ
cambio.CURRO VACAS
cambio.MARCOS

52'
cambio.Óscar
cambio.Souto

57'
amarilla.Xaco

66'
cambio.PABLO REY
cambio.ROBERTO

68'
amarilla.Noé

73'
cambio.Manu Barreiro
cambio.Barreal
amarilla.BORJA

75'
amarillaamarilla.ANTONIO

82'
amarilla.RAFA

83'
gol(p).Barreal [0-2]

Final do partido