Xornada 1ª

Liga 3ª División 2010/11
5 0
Racing Ferrol Órdenes
29/08/10 16:45 A Malata

Racing Ferrol: PACO, AIRA, PUMAR, ANTONIO, ROBERTO (MARCOS 46'), JUAN M., PORATTI, BORJA, FELIPE (RAFA MELLA 64'), MARCOS SUÁREZ, PABLO REY (RAFA 72')
Adestrador: José Luis Míguez (Luisito)
Órdenes: Ríos, Peter Rocha, Javi Álvarez (Cea 62'), Dani Fernández, Javi Villar, Toja, Dani Regos (Carlos Vigo 55'), Jesús, Alex Castro, Ángel, Manu
Adestrador: Michel Alonso
Árbitro: Javier Pérez Prado (Comité Gallego)

O RACING GOLEAO AO ÓRDENES NA SÚA ESTREA NA 3ª DIVISIÓN

O Racing superou Órdenes por un contundente 5-0, despois de que a primeira parte finalizase sen goles pero dez minutos primorosos no inicio da segunda metade sentenciaron definitivamente o encontro a favor dos ferroláns. O Ordes na primeira parte aguantou perfectamente a base dun xogo moi ordenado e con constantes axudas que dificultaban as accións ofensivas do Racing. Ata, o equipo que prepara o ferrolán Michel Alonso puido conseguir adiantarse no marcador en dous rápidos contragolpes que sorprenderon á defensa local pero o gardameta Paco neutralizou non sen apuros. Na segunda parte Luisito deixou na caseta a Baleato -un medio defensivo- e deu entrada ao dianteiro Marcos Álvarez, pasando a Poratti ao mediocampo. A entrada do mozo canteirán do Racing foi a clave para iniciar a goleada e en dez minutos os locais lograron pór o marcador nun contundente 4-0. No minuto 47 Marcos Suárez inauguraba o marcador para cuatro minutos máis tarde Felipe pór o 2-0, e cando aínda non pasara un minuto Pablo Rei establecía o 3-0, e Felipe cando se cumpría o minuto 55 lograba o 4-0. O quinto chegaría no min. 79 e o premio foi para o novo Marcos Álvarez. O Ordes intentouno nalgunha contra, pero xa sen forza e sen convinción, e o marcador quedaba no 5-0 definitivo.

PRIMEIRO PASO PARA VOLVER A 2ª DIVISIÓN B

O Racing inicia o domingo a tempada 2010-2011 na que militará na 3ª División. A meta do club verde nesta nova etapa é clara: retornar á 2ª División "B". Para iso, terá que superar 38 xornadas de Liga e finalizar entre os catro primeiros para disputar a promoción de ascenso. O equipo preséntase este ano cun plantel moi distinto á da pasada campaña. O técnico, Luisito, confeccionou un equipo con 14 caras novas: Pablo Gómez, Pumar, Aira, Antonio, Santi Silvar, Marcos Martín, Borja, Poratti, Rafa Casanova, Roberto, Sergio Arias, Héber, Felipe e Marcos Suárez, 7 que continúan da última tempada: Paco, Mon, Juan Martínez, FCurro Vacas, Marcos, Rafa Mella e Pablo Rey, ademais dos xuvenís Kiko e Marcos Remeseiro.
Tras unha pretemporada de algo máis dun mes e na que se disputaron nove amigables, tres deles con vitoria, chega o debut en casa cun enfrontamento ante un dos equipos clásicos da 3ª División como é a S.D. Ordes e que esta tempada dirixe o técnico ferrolán, Michel Alonso.
Para este primeiro partido, o técnico do conxunto verde non pode contar co centrocampista Curro Vacas, que é baixa por lesión. Mentres que por decisión técnica quedáronse fose Héber, Santi Silvar e Marcos Martín.

Partido

min

local

visitante

5'
amarilla.ROBERTO

30'
amarilla.FELIPE

31'
amarilla.Javi Villar

44'
amarilla.Alex Castro

46'
cambio.ROBERTO
cambio.MARCOS

47'
gol.MARCOS SUÁREZ [1-0]

51'
gol.FELIPE [2-0]

53'
gol.PABLO REY [3-0]

55'
cambio.Dani Regos
cambio.Carlos Vigo
gol.FELIPE [4-0]

62'
cambio.Javi Álvarez
cambio.Cea

64'
cambio.FELIPE
cambio.RAFA MELLA

72'
cambio.PABLO REY
cambio.RAFA

75'
amarilla.ANTONIO

78'
gol.MARCOS [5-0]

Final do partido