Xornada 38ª

Liga 2ª División B - Grupo 1º 2009/10
0 4
Racing Ferrol Palencia
09/05/10 18:00 A Malata

Racing Ferrol: Paco, Manuel, Garrido, Antón , Malafaia , Juan, Marcos (Quintana 63'), Carlos, Rafa (M. Remeseiro 55'), Permuy, Pablo Rey
Adestrador: José Luis Míguez Iglesias
Palencia: Diego Pastor, Benjamín, Loma, Serrano, Saavedra, Anatole (Víctor 81'), Rui, Álvaro L., Durántez (Pelayo 69'), Aitor Blanco, Canario
Adestrador: Pepe Calvo
Árbitro: Carlos Sánchez Laso (Colegio Extremeño)

TRISTE DESPEDIDA DA TEMPADA E DA CATEGORÍA

O Racing non puido pór peor colofón a un tempada nefasta, ao encaixar unha forte derrota na Malata ante o C.F. Palencia por 0-4. Un encontro que tivo dous partes moi distintas, unha primeira cunha boa actuación do equipo ferrolán que tivo varias ocasións para adiantarse no marcador. Non entanto, a máis clara foi para os visitantes ao lanzar un discutido penalti no min. 40, no que o gardameta Paco despexou de puños nunha excelente intervención, recollendo o rexeite Anatole que mandou o balón fóra, finalizando a primeira parte sen goles. Con todo, a segunda metade foi para esquecer. No primeiro minuto, un erro nun despexe de Garrido deixou o balón aos pés de Álvaro López que marcou de vaselina. Co marcador adverso afloraron os nervos en el Racing e no min. 57 Saavedra marcou o 0-2. O partido era como unha laxa para os ferroláns e no min. 65, falta de Garrido sobre Anatole co que o colexiado sinala un novo penalti e cartón vermello ao central racinguista, quedándose o conxunto local en inferioridade numérica, aínda que o lanzamento da pena máxima lanzouno Rui fora. Con todo, o sufrimento continuaba e catro minutos máis tarde Anatole marcou o terceiro, marcando este mesmo xogador o 0-4 definitivo no min. 77 de partido. Os xogadores ferroláns viviron uns últimos minutos crueis despedindo unha tempada para esquecer.

Partido

min

local

visitante

35'
amarilla3.Serrano

38'
amarilla14.Juan

40'
amarilla7.Carlos

44'
amarilla12.Álvaro L.
amarilla17.Pablo Rey

47'
gol12.Álvaro L. [0-1]

55'
cambio31.Rafa
cambio30.M. Remeseiro

57'
gol4.Saavedra [0-2]

63'
cambio9.Marcos
cambio16.Quintana

65'
roja4.Garrido

68'
amarilla4.Saavedra

69'
cambio14.Durántez
cambio16.Pelayo

70'
gol19.Anatole [0-3]

72'
amarilla8.Malafaia

77'
gol19.Anatole [0-4]

81'
cambio19.Anatole
cambio8.Víctor

Final do partido