Xornada 30ª
| Liga 2ª División B - Grupo 1º 2009/10 | |||
|---|---|---|---|
| 1 | 1 | ||
| Racing Ferrol | Osasuna "B" | ||
21/03/10 16:45
A Malata
|
|||
|
Racing Ferrol: Reguero, De Palmas, Manuel, Garrido, Jesús, Curro Vacas (Malafaia 45'), Carlos, Juan, N. Calvillo (Marcos 77'), Carlier, Quintana Adestrador: José Luis Míguez Iglesias |
|||
|
Osasuna "B": Andrés, Exhi, Alán, Bari, Palacios (Natxo 63'), Vega, Sota (Alex Fernández 53'), Gascón, Gabilondo, Anunziata, Antxón Adestrador: Ángel Miguel Merino |
|||
| Árbitro: Rafael Ruiz Bada (Colegio Cántabro) | |||
UN GOL PANTASMA, CONSEGUIDO EN FÓRA DE XOGO CONDENA AO RACING
O Racing non puido conseguir a vitoria na Malata ante o Osasuna "B", nun partido no que o equipo ferrolán quedou cun home menos desde o min. 49 por unha rigorosa segunda cartolina amarela a Laurent De Palmas. No entanto, a pesar de xogar en inferioridade o Racing controlou e dominou o partido nunha excelente segunda parte e logrou adiantarse no marcador no min. 63 ao rematar Garrido de cabeza ao fondo da rede un balón centrado desde a banda dereita por Dani Quintana. Con todo, dous minutos máis tarde a defensa do Racing non foi capaz de despexar un balón e Óscar Vega, en clara posición antireglamentaria, rematou ao traveseiro e o balón botou sobre a liña de gol, pero nin o asistente deu gol válido nin sancionou o fóra de xogo, e o colexiado asumiu toda a responsabilidade e deu validez ao gol ante a indignación e estupor de xogadores, técnicos e afeccionados. A pesar de todas estas adversidades e de estar en inferioridade o Racing dominou ao seu rival e fíxose merecedor da vitoria.
SEGUNDA FINAL CONSECUTIVA
O conxunto racinguista recibe o domingo ao Osasuna "B", segundo partido consecutivo na Malata e segundo partido decisivo de cara a abandoar os postos de descenso. Despois do empate ante o Zamora o Racing necesita celebrar un triunfo para subir postos na clasificación e afrontar con máis confianza o tramo final da Liga. Para lograr a tan ansiada vitoria será fundamental seguir co apoio da afeción que, grazas aos peñistas, se está facendo notar na Malata.
Partido
min
local
visitante
24.De Palmas
3.Palacios
16.Quintana
2.Bari
23.Curro Vacas
23.Curro Vacas
8.Malafaia 
24.De Palmas
8.Sota
8.Sota
12.Alex Fernández
Ent.José Luis Míguez Iglesias
4.Garrido [1-0]
3.Palacios
16.Natxo
9.Vega [1-1]
16.Natxo
12.Alex Fernández
19.N. Calvillo
9.Marcos
10.Antxón
15.Líbano
21/03/10 16:45
A Malata