Xornada 29ª

Liga 2ª División B - Grupo 1º 2009/10
1 1
Racing Ferrol Zamora
14/03/10 16:45 A Malata

Racing Ferrol: Reguero, De Palmas (Marcos 60'), Jonathan, Garrido, Jesús, Curro Vacas, Carlos, Antón (Juan 46'), N. Calvillo, Quintana, Pablo Rey (David Franch 76')
Adestrador: José Luis Míguez Iglesias
Zamora : Félix Campo, Goffin, Duque, V. Gómis, Manu Arias, Juan Carlos (Edu Roldán 86'), Curro, Agustín, Txiki, Ferreiro (Iker 78'), Yago (Masini 44')
Adestrador: Roberto Luiz Bianchi "Beto"
Árbitro: José Antonio López Toca (Colegio Cántabro)

UN ERRO, DOUS PAOS E O INFORTUNIO IMPEDIRON A VITORIA

O Racing empatou a un gol co Zamora en partido disputado no campo da Malata ante uns 1.500 espectadores. Un erro defensivo de De Palmas no min. 8 propiciou o gol de Ferreiro que adiantou no marcado aos visitantes, nun partido cunha primeira parte marcada polo "xarro de auga fría" do gol, acción da que os ferroláns tardaron en recuperarse. Non entanto, unha ocasión clara de Carlos no min. 28 puido significar o empate. Na segunda parte cambiou o panorama, cun Racing totalmente envorcado sobre a área rival e con multitude de ocasións nas que, nunhas os disparos a porta saíron desviados por moi pouco e noutras os paus evitaron o gol, como no min. 57 na que Pablo Rey estrelou o balón na cepa do poste e outra no min. 90 un remate de Curro Vacas foi repelido polo traveseiro. Menos mal que Nacho Calvillo acertara no min. 85 ao rematar de cabeza un balón no segundo pau o gol que significaba o empate no marcador.

NOVA FINAL PARA O RACING NA MALATA

O Racing afronta unha nova final no campo da Malata ante o Zamora C.F.. Un partido no que só vale a vitoria tendo en conta que o Racing figura na clasificación con 28 puntos e o Zamora con 31. Un triunfo do Racing, é obvio que lle daría a oportunidade de "asomarse" á salvación e, sobre todo, moitísima moral para afrontar a recta final do campionato, con seis partidos na Malata e catro fora e deses dez encontros, cinco contra rivais directos. Para este encontro, de novo será importantísimo o apoio dos afeccionados - como sucedeu no último encontro na Malata ante a Cultural - para sumar os tres puntos en litixio.

Partido

min

local

visitante

8'
gol14.Ferreiro [0-1]

37'
amarilla4.Agustín

39'
amarilla18.Goffin

44'
cambio8.Yago
cambio9.Masini

46'
cambio22.Antón
cambio14.Juan

52'
amarilla20.Curro

60'
cambio24.De Palmas
cambio9.Marcos

63'
amarilla2.V. Gómis

70'
amarilla7.Duque

76'
cambio17.Pablo Rey
cambio6.David Franch

78'
cambio14.Ferreiro
cambio11.Iker

83'
amarilla19.N. Calvillo

85'
gol19.N. Calvillo [1-1]

86'
cambio21.Juan Carlos
cambio16.Edu Roldán

89'
amarilla5.Jonathan

Final do partido