Psicoloxía
A pesar da enorme influencia que ten sobre os deportistas, o adestramento psicolóxico é unha das disciplinas que non están do todo implantadas no deporte español e en concreto no mundo do fútbol, onde aínda son moi poucos os equipos que contan cun psicólogo que forme parte do corpo técnico.
Na tempada 2003/2004, o Racing viu a necesidade de ampliar o seu staff técnico coa figura do psicólogo, incorporándose así ao club Jaime Villaverde Pérez, Psicólogo Clínico e Especialista Universitario en Piscología da Actividade Física e o Deporte.
O adestramento psicolóxico, dirixido tanto a xogadores como a adestradores e técnicos, traballa de forma colectiva e individual en varias facetas. Por unha banda, todo o relacionado co rendemento deportivo: atención, motivación, autoconfianza, concentración, etc. E por outra, adestramento de habilidades psicolóxicas básicas: autoconocimiento, comunicación social, resolución de conflitos, ansiedade, etc.
Informe Tempada Actual
Jaime Villaverde
Intervención psicolóxica primeira plantilla Racing de Ferrol SAD. Tempada 2009/10
Descargar PDF
Outros recursos

Adestramento Intelixente
- Ansiedade competitiva
- Entender ós demais
- Nivel de activación 1
- Nivel de activación 2
- Puntos para mellorala confianza
- Rir
- Saida o campo

